Accións para mellorar atención á diversidade para Inspección

21/06/2019
Europe/Paris

MELLORA NA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE FUNCIONAL!! 

Necesitamos o teu apoio…. 

Prezada comunidade educativa,  

Na reunión mantida o mércores 19 de xuño, as familias decidimos realizar accións conxuntas para 

esixir recursos de apoio ao alumnado do CPPI dos Dices á Consellería de Educación, Universidade e 

Formación Profesional da Xunta de Galicia. Para iso, na maior brevidade posible, propuxemos 

realizar as seguintes accións: 

1.‐ Presentar un escrito individual mediante rexistro de entrada no colexio informando da situación 

dos  nosos  fillos  e  a  necesidade  de  apoio  educativo  (formulario  no  centro  ou: 

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidosdices/taxonomy/term/88 )  

2.‐  Presentar  un  escrito  individual  dirixido  a  Inspección  Educativa  (Subdirección  Xeral  de 

Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo; Consellería de Educación, Universidade e 

Formación Profesional) mediante rexistro de entrada na Xunta ou no propio Concello de Rois. 

Informarase sobre a situación dos nosos fillos e a necesidade de apoio educativo. Aqueles casos que 

o consideren, incluirán, se o teñen, o diagnóstico dun especialista e poderán achegar copia do 

informe para maior xustificación da necesidade de recursos [Modelo de escrito: podedes solicitalo 

por  mail  (anpasanisidro@gmail.com),  descargalo  no  noso  Facebook 

(https://www.facebook.com/anpadicesrois/)  ou  espazo  ANPA  da  páxina  web  do  colexio 

(http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidosdices/taxonomy/term/14)]. 

3.‐ Unha vez presentada a solicitude individual a Inspección Educativa, aquelas familias que o 

consideren, farán chegar unha copia completa do escrito con rexistro de entrada para que a ANPA 

poida enviar unha solicitude conxunta con información aportada polas familias. Pódesenos facer 

chegar vía Whatsapp (658‐978726), correo electrónico (anpasanisidro@gmail.com) ou mediante 

entrega persoal da copia. Prazo máximo de envío á ANPA: Mércores 10 de xullo. 

4.‐ Desde a ANPA realizarase un escrito informando de forma conxunta da carencia de apoio de 

persoal profesional para atender ao alumnado, achegando ademais copia individualizada de cada 

escrito que cada familia nos faga chegar. 

5.‐ Recolleranse firmas de toda a comunidade educativa apoiando a solicitude anterior. Podedes 

firmar a folla de apoio no Multiusos (horario de mañá) ou na tenda de roupa en fronte ao concello. 

Se queredes participar recollendo firmas, pódese recoller copia do modelo da folla de firmas en 

ditos  lugares,  solicitala  por  mail  (anpasanisidro@gmail.com),  descargala  no  noso  Facebook 

(https://www.facebook.com/anpadicesrois/)  ou  espazo  ANPA  da  páxina  web  do  colexio 

(http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidosdices/taxonomy/term/14)  e  devolvérnola  cuberta. 

Prazo máximo de recollida de firmas: Mércores 10 de xullo. 

Necesitamos a túa colaboración!!. 

PARA  CALQUERA  CONSULTA  OU  AXUDA  DURANTE  ESTE  PROCEDEMENTO  NON  DUBIDES  EN 

CONTACTAR COA ANPA: 658‐978726, anpasanisidro@gmail.com 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer