ANPA

COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PUBLICO DE GALICIA-LOITA CONTRA AS REVALIDAS

 

 

 

 

 

 


COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

 DE  GALICIA

 

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia tras declarar o día 26 de outubro como xornada de loita contra as reválidas apoiando as mobilizacións da Plataforma en Defensa do Ensino Público Estatal en todo o territorio español, para esixir a súa eliminación inmediata e definitiva, así como a derrogación da LOMCE e a prol da reversión dos recortes quere comunicar o seguinte:

    • Manifestar o seu absoluto rexeitamento ás reválidas impostas e instar á administración educativa á anulación do RD 310 /2016 de 29 de xullo polo que se regulan as mesmas.

    • Apoiar a xornada de folga educativa convocada para esa data polo sector do alumnado (SE) e polo sector de pais e nais (CONFAPA-Galicia) que promoven un baleirado de aulas en toda a nosa autonomía.

    •  Poñer en marcha o seguinte calendario de actuacións conxuntas contra as reválidas en toda a autonomía galega e instar a toda a comunidade educativa á participación na loita contra esta lei infame que restrinxe ó acceso a titular do alumnado; xerando, tamén, incertidume no alumnado, no profesorado e nas familias pola falta de concreción por parte da administración educativa de aspectos clave como os modelos de exame en 2º de BACH, a alteración do calendario de final de curso … Desde a Plataforma en Defensa do Ensino Público levaremos a cabo diversas formas de loita baseadas en mobilizacións, asembleas informativas para toda a comunidade educativa e actuacións en centros educativos das diferentes provincias. A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia convoca a toda a comunidade educativa (pais, nais, alumnado e profesorado) a concentrarse contra a LOMCE e as reválidas nas seguintes ciudades:

 



CIDADE


HORA


Vigo


12:00


Ourense


19:30


Pontevedra


19:30


A Cora


19.30


Ferrol


12.00


Lugo


19:30


Santiago de Compostela


12:00

 

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia amosa o seu rexeitamento absoluto á imposición das reválidas e reitera que non deixará de realizar actuacións conxuntas dentro dun marco global de loita pola derrogación da LOMCE e o resto de contrarreformas educativas, así como para lograr a reversión total dos recortes sufridos nos últimos anos. Animamos a toda a comunidade educativa galega a formar parte desta xornada de loita para acadar unha educación de calidade e de equidade.

Facemos un chamamento aos centros e ao profesorado para que as actividades que desenvolvan non supoñan un prexuízo para o alumnado que non asista ese día ás aulas.

 

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2016

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

EXCURSION "ANPA" FIN DE CURSO 2015/2016

Benqueridas familias:


Como cada ano xa chegou o mes de xuño e xa remata o curso 2015/2016. Para festexalo participaremos no festival de fin de curso que organiza o centro o vindeiro 22 de xuño no CPPI, no que se fará unha exhibición das actividades extraescolares (inglés, zumba, judo…etc.).


Ademais organizamos unha excursión na que podemos participar todos, familias, alumnado e profesorado, para pasar un día de lecer xuntos .


Este ano decantámonos por unha excursión educativa que se realizará nunha praia da Illa de Arousa  facendo talleres para todos (bioloxía, experimentos, sensoriais) á parte de practicar deportes (piraguas, camiñatas…) e xogos, tanto de auga como de area (snorkel, xogos en equipos…). Xa pola tarde en canto a marea o permita iremos en barco dende Carril á Illa de Cortegada e teremos unha visita guiada pola illa.


DÍA: DOMINGO 19 DE XUÑO DE 2016. Saída do colexio ás 10 h e chegada sobre as 21h. aprox.


O PREZO É:


-ALUMNADO DO CPPI SOCIO DA ANPA…..GRATIS


-ALUMNADO DO CPPI NON SOCIO E -ADULTOS ……10€


A comida corre por conta de cada un.


A Anpa non se responsabiliza do coidado do alumnado. Vaise dispoñer de monitores para as actividades, aínda así  para maior seguridade recomendamos que as familias  acompañen aos seus fillos/as.


DATA LÍMITE PARA ANOTARSE: MARTES 14 DE XUÑO DE 2016 ÁS 14H.


Colabora: Concello de Rois.


Esperamos contar con vós,


Rois, 7 de xuño de 2016


Anpa “San Isidro” CPPI Os Dices-Rois

Charla sobre educación sexual

CHARLA SOBRE EDUCACION SEXUAL PARA UNHA EDUCACIÓN EN IGUALDADE E DIVERSIDADE.


MARTES 7 DE XUÑO ÁS 18:00H.


LUGAR: SALÓN DE ACTOS DA BIBLIOTECA ANXEL CASAL- SANTIAGO DE COMPOSTELA

Información sobre axudas para a compra de libros de texto e material escolar

No arquivo adxunto pode lerse un resumo da Orde publicada no DOG o 16 de maio sobre o fondo solidario de libros e as axudas para a adquisición de libros e material escolar para o próximo curso.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer