Circular Novembro 2017

 

 

 

 

 

 

 

 

INFORMA

 

 

Trala última xuntanza ordinaria da Anpa “San Isidro”, a directiva quedou conformada así:

 

Ana Ferreiro Rodríguez. Presidenta

Enma Rey Neo. Vicepresidenta

Ana Maseda Rodríguez. Secretaria

Asunción García González. Tesoureira

Mª Pilar Rodríguez Losada. Vocal

 

Somos unha directiva ilusionada pero moi cativa. Queremos transmitirvos que calquera pai ou nai do centro que o desexe pode unirse a este proxecto, ben coma membro formalmente integrado ben como colaborador ou voluntario para tarefas puntuais. Lembrade que a Anpa somos todos e que, da nosa implicación, os principais beneficiarios son os nosos fillos.

 

Podedes contactar con nós por estas vías:

 

Teléfono móbil (WHATSAPP): 658 97 87 26

CORREO ELECTRÓNICO: anpasanisidro@gmail.com

BUZÓN FÍSICO colocado no edificio de administración

 

Tamén contamos cunha páxina de Facebook: “ANPA San Isidro CPI dos Dices” (https://www.facebook.com/anpadicesrois/ ), na que podedes mantervos ao día da nosa actividade e facernos chegar opinións, suxestións, iniciativas…

 

O noso obxectivo é manter unha comunicación fluída e, sobre todo, recíproca entre a directiva e os pais e nais, pero tamén cos mestres, educadores e demáis membros da comunidade educativa.

 

Tod@s somos Anpa!

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer