Skip to Content

European Innovative Teaching Award 2023 para el proyecto Walking through the memory with immersive technologies

 

O proxecto Europeo "Walking through the memory with immersive technologies" coordinado polo CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo) e no que participou como socio o CPI Plurilingüe O Cruce xunto con centros de Portugal, Italia e Turquía, recibiu esta semana o premio European Innovative Teaching Award 2023, moitos parabéns e agradecementos ás persoas coordinadoras polo excelente traballo desenvolvido, extensivos ás comunidades educativas de todas as socias e socios.

Máis información | European Comission, La Voz de Galicia

A Voz de Galicia lembra que o noso alumnado foi pioneiro en reclamar a oficialidade do galego no Parlamento Europeo

Moitos de vós lembraredes que hai dous anos co gallo da nosa participación no programa de escolas embaixadoras do Parlamento Europeo, alumnado de 4ºESO iniciou en redes sociais unha campaña para oficializar a lingua galega no Parlamento Europeo que tivo moita repercusión. Hoxe en La Voz de Galicia lembran que o noso alumnado foi pioneiro nesa reivindicación.

Máis info | La Voz de Galicia

 

Participamos na Open Science 2023 en Cambre

Comezamos o curso coa participación na Feira científica Open Science 2023 que se celebra anualmente no mes de setembro e na que se dan cita centros educativos, universidades, asociacións e científicas e científicos tanto do panorama nacional coma do internacional. Podedes ver imaxes e videos da feira nas historias destacadas do noso perfil de instagram de Ciencia o Cruce.

Máis información | Open Science Cambre

Libros de texto curso 2023/2024

Achégase o listado de libros de texto para o curso 2023/2024 no ficheiro adxunto.

DELF A2

O DELF (Diplôme d’Études en Langue Française) é un diploma oficial entregado polo Ministerio de Educación Nacional de Francia que certifica as competencias en lingua francesa dos candidatos estranxeiros.

Este ano presentáronse 8 alumnos de 4º ESO para a obtención do diploma... e tod@s aprobaron!

FÉLICITATIONS!

 

Información final de curso 2023/24

Plan de aforro enerxético e de recursos creado polo alumnado de 2º ESO

Distribuir contido


by Dr. Radut