Skip to Content

Podcasts e blog do alumnado de Proxecto Competencial

O alumnado de Proxecto Competencial de 2º e 3º de ESO grabou dous podcasts para presentar os seus traballos sobre mulleres que publicaron no blog Proxecto Competencial CPI O Cruce, en Blogger.

Neste enlace  pódese acceder ao blog:

https://proxectocompetencialocruce.blogspot.com/

E no seguinte  enlace pódense escoitar en Spotify os dous podcasts (dende 15:22), que forman parte do primeiro podscast mensual de A Radio Tola de Cerceda,a radio escolar do noso colexio.Neste episodio hai tamén outras seccións moi interesantes feitas polo alumnado de primaria e de educación infantil.

https://open.spotify.com/show/4VdVCinhuKDt8zSLN8Npp8

 

 

Quentando motores para o Correlingua

O alumnado de 3º ESO deu os primeiros pasos do Correlingua 2024 participando no obradoiro "Desata a lingua", de mans da poeta Lucía Aldao.

A finalidade desta actividade era a elaboración de lemas en defensa da lingua, partindo dunha serie de textos actuais referidos ao uso, vixencia e prestixio do galego: os premios nacionais de poesía e teatro para Yolanda Castaño e Paula Carballeira; o emprego das linguas cooficiais, e polo tanto do galego, no Congreso dos deputados, a difusión da música en galego a raíz da participación das Tanxugueiras na preselección de Eurovisión, o aumento de tiktokers, youtubers e demais influencers na nosa lingua, etc.

Velaquí un exemplo do resultado deste traballo:

 

Alumnado de 1º ESO participa na Digitalweek en Os Peares

Entre os días 5 e 11 de novembro de 2023, 25 alumnas e alumnos de 1º ESO participan na Digitalweek no centro de inmersión lingüística de Os Peares. Organizado pola CCEFPU, é un programa de inmersión lingüística en inglés a través do desenvolvemento de actividades dixitais, nomeadamente: robótica, creación de páxinas web, deseño, escaneo e impresión 3D e tamén actividades físicas, de convivencia e cultura.

Máis información | Digitalweek

Meteoescolas en Latín

Dende hai uns anos a materia de Latín correspóndelle ao Departamento de Lingua Galega e Literatura.

Neste curso o alumnado de Latín colabora co proxecto de Meteoescolas e neste enlace podedes atopar a súa primeira achega: Pluit

Participación do CPI Plurilingüe O Cruce na EU Code Week

O alumnado de 3º ESO de Educación Dixital participou no mes de novembro na EU Code Week cunha actividade que consistiu en deseñar e construir taboleiros Bee-Bot para o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación primaria. 

Invasión zombi no CPI O Cruce

Este artigo foi empregado para introducir un xogo de escape de Samaín que fixemos co alumnado de ESO na tarde do martes 31 de outubro. No xogo desenvolvemos actividades de: lóxica, retos lingüísticos, matemáticos, puzzles, tangram, origami, música, arte e moito máis, podedes ver máis fotos no Instagram co Club de Ciencia.

 

Esta tarde de martes 31 de outubro no CPI Plurilingüe O Cruce está sendo algo complicada... Mentres o profesorado estaba comendo castañas do magosto e o alumnado ultimando detalles dos disfraces de Samaín, un feixe de zombis chegaron a Cerceda e asaltaron o recinto do cole invadindo algúns dos seus espazos. Os xornais xa publican a fatal noticia...

Visita experto convidado Erasmus+: Profesor Lukasz Kosowski

 

A pasada semana tivemos o pracer de recibir, no marco do programa de acreditación Erasmus+ KA121 2021/27, a visita do experto convidado  profesor Lukasz Kosowski, nado en Polonia, reside e traballa como formador de profesorado na República Checa. Entre os días 2 e 6 de outubro desenvolvemos con el actividades de formación, observación de aula e reflexión con profesorado do centro de todas as etapas educativas (Infantil, Primaria e ESO).

Distribuir contido


by Dr. Radut