Ademais das aulas no edificio principal e anexos, o centro conta con laboratorio de ciencias, taller de tecnoloxía, aula de informática, aula de artes plásticas, aula de música, biblioteca e ximnasio.
Na zona de oficinas atópanse os espazos de conserxería, secretaría, dirección, xefatura de estudos, sala de profesorado e dúas salas adicadas a seminarios.
Outros servizos cos que conta o centro son a cociña, office, dous almacéns e un comedor con capacidade para 200 alumnos e alumnas.
No centro hai dous patios cubertos, dous descubertos e unha pista deportiva descuberta. A piscina e o polideportivo municipal están comunicados directamente co centro e poden ser utilizados para actividades lectivas, así como o auditorio de Cerceda para eventos, que se atopa a escasos metros do centro educativo.
No relativo a recursos, cada aula de secundaria conta cun proxector, un ordenador, encerado dixital, unha cámara de documentos e un carro de portátiles para o alumnado. En educación infantil e educación primaria contan cun proxector e un ou dous ordenadores por aula.
Os ciclos e departamentos contan con abundante material bibliográfico e dixital e un ordenador e unha impresora en cada seminario. Ademais o profesorado dispón de catro ordenadores e dúas impresoras na sala de profesorado e ordenadores portátiles de uso persoal cedidos pola Consellería de Eduación, Universidade e Formación Profesional no marco do programa E-Dixgal.
A biblioteca do CPI O Cruce conta con máis de 11000 exemplares, un carro con 30 iPads para uso do alumnado e unha tablet xigante. A integración desde hai anos no PLAMBE facilita que os materiais estean sendo ampliados e revisados permanentemente, catalogados co programa Meiga.