Skip to Content

Clube de lectura 3º

Como cada ano, comezamos un novo clube de lectura no curso 2023/2024, esta ano coa incorporación dos nenos e nenas de 3º de Primaria. O alumnado de ambas clases estivo moi motivado con esta actividade, xa que o libro que mandamos ler: ''Perrock Holmes y el scape room imposible'', tivo unha gran acollida. 

Comezamos falando sobre o libro, dando liberdade aos nenos para comentar a súa opinión, que en xeral foi positiva. Moitos nenos/as consideráronno un libro moi divertido, e quedaron con ganas de seguir lendo esta saga. Falamos tamén da relación entre os irmáns protagonistas, e de que moitas veces queremos aos nosos irmáns e irmás, aínda que nos pelexemos con eles/as.

Por último, fixemos un scape room na biblioteca, donde o alumnado tiña que atopar tres números, resolvendo puzzles, encrucillados e xeroglíficos. Pasámolo moi ben, e os/as participantes tiveron un pequeno premio ao acabar a proba. Esperamos con moitas ganas o clube de lectura do seguinte trimestre.

 

 Club lectura 3º

Feliz Nadal

O alumnado de lingua latina deséxavos unhas boas festas e un feliz ano novo 2024.

Podedes ver o vídeo da felicitación pulsando no seguinte enlace: Felicitación

Visita de profesoras do Agrupamento de Escolas de Trancoso

Na semana do 11 ao 15 de decembro de 2023 tivemos no centro ás profesoras Cristina e Rosa do Agrupamento de Escolas de Trancoso (Portugal) facendo unha actividade de job shadow no marco da acreditación Erasmus+.

Conmemoración do día internacional das persoas con discapacidade

Co gallo do día internacional das persoas con discapacidade, 3 de decembro, na tarde do martes realizamos no centro unha "xincana dos sentidos" na que o alumnado de ESO tivo que superar unha serie de retos poñéndose no lugar de persoas con diferentes capacidades.

Conmemorando o 25N

Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, pedímoslle ao alumnado de secundaria que participase nalgún dos concursos organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (concurso de lemas) e pola Equipo de Biblioteca (concurso de microrrelatos).

Os resultados foron moi interesantes como se pode comprobar nas fotos que se achegan.

As gañadoras no concurso de lemas foron:

  • na primeira categoría (1º e2º ESO): Gemma Cameán Suárez
  • na segunda categoría (3º e 4º ESO): Andriely Katily Guedes Matias e Liana Miranda Sousa

Actividades para unha "Mobilidade segura e saudable" co alumnado de ESO

aesleme

Ao longo do mes de novembro, no marco da campaña de MOBILIDADE SEGURA E SAUDABLE, o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO asistiu a unha charla “PODE PASARCHE” impartida por un compañeiro de AESLEME (Asociación para o Estudo da Lesión Medular Espinal). A charla constou das seguintes partes: Factores de risco, medidas preventivas, actuación en caso de accidente e consecuencias dos accidentes.

No caso do grupo de 4º da ESO, a charla “SE CONTROLAS VOLVES” centrouse en que o alumnado coñeza os efectos do consumo de alcol e drogas, traballar a presión grupal para que aprendan a dicir NON e o fomento do condutor alternativo cando saen e teñen que coller algún vehículo para volver a casa.

A finalidade deste programa de prevención é que os rapaces e as rapazas do centro coñezan de primeira man os riscos e as consecuencias dalgunhas condutas imprudentes.

Así conmemoramos no centro o 25 N: Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, leváronse a cabo no centro diversas actividades orientadas a contribuir á prevención e eliminación deste problema social tan grave.

O alumnado de 4º ESO pintou un mural no patio no que os ladrillos en negro representan as mulleres asasinadas, vítimas de violencia machista, entre o 25 de novembro do ano pasado e o 25 de novembro deste ano.

Distribuir contido


by Dr. Radut