Skip to Content

Solicitude servizo de comedor curso 2024/25

Publicada a Instrución 1/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de Xestión directa no curso escolar 2024-25, ábrese o prazo para que as familias que desexen solicitar servizo de comedor para o vindeiro curso presenten presencialmente ou por vía telemática (ao correo electrónico do centro) cuberto a solicitude e o anexo II que se achegan.

As persoas que non teñan posibilidade de imprimir na casa poden pasar a recoller os impresos en papel que estarán á súa disposición no vestíbulo do centro.

Admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores voluntarios do comedor escolar para o curso 2024/2025

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CPI O Cruce como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2024/2025.

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado do cenro que desexen, ao longo do curso 2024/2025 colaborar nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán presentar solicitude cubrindo a solicitude e o anexo III dos ficheiros adxuntos e achegándoo por correo electrónico ou presencialmente en secretaría.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 1 de setembro de 2024

A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ou posteriormente por secretaría virtual ou correo electrónico.

Celebramos a I edición da feira internacional de turismo "Mini FITUR Cerceda"

O mércores 19 de xuño celebramos no patio cuberto a I Edición de Mini FITUR Cerceda, unha pequena feira internacional de turismo na que o alumnado de ESO amosou a compañeiras e compañeiros de primaria e infantil aspectos representativos de moitos países do mundo: historia, cidades, edificios emblemáticos, gastronomía, bandeiras, mapas, lugares de interés turístico, linguas, tradicións... 

DÍA DAS CRÊPES

Como xa ven sendo tradición, O departamento de Francés celebrou un ano máis o Día das Crêpes. O alumnado participante de 2º, 3º e 4º da ESO demostrou as súas habilidades na cociña. Uns auténticos chefs! 

DELF A2 - ALIANZA FRANCESA

O pasado mes de abril 11 alumnos/as de 4º da ESO presentáronse ao Delf A2 da Alianza Francesa… e por fin acabamos de recibir os resultados.

Todos/as aprobaron… e con excelentes notas!  FÉLICITATIONS !!! 

O DELF (Diplôme d’Études en Langue Française) é un diploma oficial entregado polo Ministerio de Educación Nacional de Francia que certifica as catro competencias en lingua francesa dos candidatos estranxeiros.

Magazine O Cruce

 

 

Presentamos o primeiro número da revista dixital Magazine O Cruce, feita polo alumnado de Proxecto Competencial de 2º e 3º da ESO.

Neste enlace pode lerse.Agardamos que sexa do voso interese!

 
 
 
 
 
 
 
 

Recibimos a visita do Director internacional do Groupe OEC Lille - Ozanam EPIL Campus (Francia)

 

Na semana do 27 ao 31 de maio de 2024 recibimos a visita de Frédéric Rousselle, director internacional do Groupe OEC Lille - Ozanam EPIL Campus en Francia, no marco da acreditación Erasmus+. Durante a súa estancia en Galicia mantivo reunións con profesorado, persoas coordinadoras e membros do equipo directivo do CPI Plurilingüe O Cruce en Cerceda, pero tivo tamén ocasión de visitar en Santiago de Compostela o Centro autonómico de formación e innovación (CAFI) e o Centro de innovación educativa e dixital CIEDIX).

Distribuir contido


by Dr. Radut