As cousas de Casimiro |
Un día Roi achegouse a Ana na biblioteca da aula e cun pequeno libro na man, que se titulaba "Elmer y los colores" díxo: -Queres que te lea un conto en chino? Ana respondeu que por suposto e Roi colleu unha das cadeiras amarelas, achegouse a ela e abriu o libro, pero quedou calado e pensativo. Ao pouco, comentou: -Outro día léocho en chino vale? hoxe mellor en galego. |
|||
Eu son Casimiro, o rato que vive na aula de Infantil B. Levo moito tempo nela e non penso marchar nunca. Moitos nenos e nenas que pasaron por esa clase nos últimos anos, seguro que se acordan ben de min. É moi difícil verme porque sempre procuro estar ben agochadiño. Tede en conta que son pequeno e pode pisarme calquera nun descoido. |
|||
Un día na clase estabamos lendo o menú do comedor e de postre había xarope de piña. Iniciouse un diálogo sobre o que era o xarope. Alguén o definiu como "el liquidito ese que le echan al vaso". Como sudede sempre que aparece algún termo que non é de uso frecuente no galego que falan as nenas e nenos procuramos coñecelo e tamén facer a correspondencia en castelán, xa que a aula acolle unha porcentaxe importante de castelán falantes. |
|||
No mes de decembro estabamos na clase falando dos Reis Magos e da importancia de portarse ben para poder recibir os xoguetes que pedían nas súas cartas. Falabamos tamén de que, precisamente por ser Magos, os Reis sabían perfectamente como se portaban os nenos e nenas da clase. Nese contexto, Iago de 4 anos anunciou: |
|||