[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
Matrícula Educación Primaria Historias pipaca 25/06/2024 - 20:59
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
Matrícula ESO Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43

CASIMIRO

Eu son Casimiro, o rato que vive na aula de Infantil B. Levo moito tempo nela e non penso marchar nunca. Moitos nenos e nenas que pasaron por esa clase nos últimos anos, seguro que se acordan ben de min. 

É moi difícil verme porque sempre procuro estar ben agochadiño. Tede en conta que son pequeno e pode pisarme calquera nun descoido. 

O que máis me gusta é escoitar contos e poesías que Ana lles le as nenas e aos nenos na biblioteca da clase, que é onde está a miña casiña.

A historia da miña casa é moi interesante porque eu, cando cheguei a esta clase vivín moito tempo nun buratiño que había na porta. Todo o mundo sabía que eu estaba alí e de cando en vez os pequenos e pequenas intentaban verme metendo o seu nariciño no me burato. Creo que nunca o conseguiron pero mellor sería preguntarllo.

O que sucedeu foi que houbo que facer obras na clase e nunhas vacacións de Nadal, todo se encheu de xente carrexando ladrillos e botes de pintura. Eu tiven moito medo e decidín coller a miña maleta e marchar antes de que alguén decidise taparme o burato da porta. Non sabía se podería volver e estaba un pouco triste. A sorpresa leveina cando me enterei de que na clase fixeran unha casa para min.