As cousas de Casimiro |
As nenas e nenos estaba falando de distintas cousas, cando un neno contou que estivera cos seus primos e coas súas tías. Ana preguntoulle se as tías eran irmás da súa mamá ou do seu papá. O neno respondeu: Duas son irmás de mamá e a outra e a súa "puñada" |
|||
Manuel ten tres anos e o colexio é para el un mundo de novas experiencias. O outro día volveu do recreo explicándolle á profe Ana que: - Había unha langosta. E eu tiña medo e fixen aaaaaa!que medo! e subin a un banco. E os nenos botáronlle area á langosta. Era negra e grande. Lucas, de cinco anos, apareceu nese momento e aclarou: No era una langosta, era una babosa. Ao que Martín, de tres anos, replicou con carraxe: Non tal, era unha lesma! |
|||
|
|||
VIRTUAL VERSUS NON VIRTUAL |
|||
Ana e Alia son xemelgas e veñen vestidas e peiteadas igualiñas. O outro día eu estaba na miña casiña vendo como xogaban no tocador da clase a peitearse e a mirarse no espello. Ana, sen querer, sacoulle a coleta a Alia. Entonces a profe, que como xa sabedes tamén se chama Ana peiteou a Alia e púxolle unha coleta detrás. Ademais de estar moi guapa estaba distinta á súa irmá. Foi entón cando Eva exclamou: "BUA! YA NO SON GEMELAS" |
|||
Por se alguén non o sabe, todas as nenas e nenos que foron alumnas e alumnos de Infantil B son RATAS PELUDAS. Ana sempre lles chama así e a min gústame moito. En realidade é idea miña, non pensedes que todo se lle vai ocorrer a ela. |
|||
Xa estou na miña casa de novo despois de pasar as miñas vacacións en Noruega. Estou moi contento porque seguro que as nenas e nenos de Infantil B, este curso, van estudar moito e facer cousas moi chulas. Eu estarei atento para non perderme nada nadiña. |
|||
Este curso Casimiro está de viaxe polo mundo e se comunica cos nenos e nenas de infantil B a través do correo electrónico. Eles/as aprenden como é o noso enderezo da nosa conta e ven proxectado na pantalla da clase como Ana teclea ese enderezo. O outro día preguntou que tiña que poñer no sito do contrasinal porque quería insistir en que se fixaran que era algo persoal e privado. Ana dixo: Aquí que poño? A resposta de Sara non deixou marxe ao posible erro: Sara: "As bolitas"
|
|||
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »