Manuel ten tres anos e o colexio é para el un mundo de novas experiencias. O outro día volveu do recreo explicándolle á profe Ana que: - Había unha langosta. E eu tiña medo e fixen aaaaaa!que medo! e subin a un banco. E os nenos botáronlle area á langosta. Era negra e grande. Lucas, de cinco anos, apareceu nese momento e aclarou: No era una langosta, era una babosa. Ao que Martín, de tres anos, replicou con carraxe: Non tal, era unha lesma! |
|||