As máquinas e a tecnoloxía inundaron o venres de Entroido o CPI Cernadas de Castro. O alumnado, as familiase o persoal do centro disfrutaron dun desfile no que non faltou a imaxinación e o colorido. Mostra do mesmo son as fotos que podedes ver na galería de imaxes premendo no seguinte enlace. |
|||
|
|||
|
|||
O pasado venres 2 de febreiro unha delegación de 41 alumnos desprazouse ata o Campamento do Loreto no Porto do Son para disputar a fase comarcal de Cros escolar, nunha mañá soleira o noso alumnado disfrutou moito das 4 carreiras nas que participou, cuns resultados variados quedaron clasificados para a seguinte fase intercomarcal o seguinte alumnado:
A seguinte fase celebrarase o 23 de febreiro no Estadio de San Lázaro en Noia.
|
|||
O alumnado de 4º ESO, da man da súa profesora de Lingua Galega, homanexean a Castelao, no seu día. |
|||
Esta semana as inspectoras de facenda Remedios Vázquez e Ana Tomé viñeron ao noso centro para falarlles ao alumnado de 4º ESO e 5º e 6º de Primaria sobre aspectos fiscais. A actividade constou dunha charla con exemplos prácticos da vida real sobre o funcionamento do noso sistema fiscal e sobre o financiamento do Estado do Benestar.
|
|||
No contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas á colaboración de APDTIC, empresa adherida a CIBER.gal, e Amtega, entidade fundadora de CIBER.gal organízase unha sesión formativa gratuíta dirixida ao persoal e dirección das ANPAs, persoal docente dos centros educativos e país, nais ou e titores/as legais. Esta actividade ten como finalidade concienciar ás ANPAs e ao persoal docente do ámbito educativo, da gran cantidade de datos persoais que manexan, onde un mal uso dos mesmos o un descoido pode provocar fendas de seguridade que poñan en risco datos de colectivos protexidos como son os menores de idade. Á súa vez, ofrecer recursos e boas prácticas para fomentar a privacidade e a seguridade na relación das ANPAs cos centros educativos e os pais, nais e titores legais. O formato da actividade será online, o próximo 23 de xaneiro ás 17:30, cunha duración de 70 minutos. As inscricións están abertas a través do seguinte enlace. O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:
Relación das ANPAS cos centros educativos
Relación das ANPAS cos pais ou titores/as legais e alumnos/as
Datos persoais identificativos, económicos, de carácter social, profesional e imaxes
Consentimento expreso, aspecto clave
Dereitos en materia de protección de datos
A figura do Delegado de Protección de Datos
Fendas de seguridade
Tratamento e publicación de imaxes
Promoción e participación en actividades
Uso de mensaxería instantánea (WhatsApp)
Redes sociais
|
|||
Os departamentos de Tecnoloxía e Xeografía e Historia organizaron onte luns 15 de xaneiro unha visita ás minas de San Fins para coñecer mellor a historia do patrimonio industrial do Concello de Lousame. A técnica de cultura do mesmo, Teresa Sobradelo, explicoulle ao noso alumnado de 3º e 4º ESO as orixes históricas das minas así como diferentes aspectos relacionados coa explotación das mesmas a través do tempo. Esta visita permitiulle ao noso alumnado reflexionar sobre as implicacións sociais, culturais e ambientais da explotación da mina en Lousame e na súa contorna. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »