Educación Física |
O pasado venres 2 de febreiro unha delegación de 41 alumnos desprazouse ata o Campamento do Loreto no Porto do Son para disputar a fase comarcal de Cros escolar, nunha mañá soleira o noso alumnado disfrutou moito das 4 carreiras nas que participou, cuns resultados variados quedaron clasificados para a seguinte fase intercomarcal o seguinte alumnado:
A seguinte fase celebrarase o 23 de febreiro no Estadio de San Lázaro en Noia.
|
|||
Estes días estiveron de visita no noso colexio os amigos do Club de Remo de Noia, trouxeron ao colexio unha variedade de embarcacións e amosáronnos as distintas actividades que fan a cotío no club, o noso alumnado estivo practicando animadamente e quedamos convidados para visitalos nas instalacións de Testal e gozar así dunha experiencia no mar.
|
|||
O alumnado de 1º e 2º de ESO rematou a nosa participación por este curso escolar nas probas de campo a través, estivemos presentes nas probas de Noia e do Porto do Son da fase zonal, ningún dos nosos acadou a clasificación para a seguinte fase comarcal, para o ano esperamos voltar e desfrutar de novo desta gran experiencia. |
|||
O alumnado de 1º e 2º de ESO na chegada á praza do Obradoiro logo de realizar o último tramo do Camiño de Santiago Ría de Muros e Noia, foron 14kms dende Brión ata Santiago de Compostela nuha xornada que resultou máis dura do previsto debido o día solleiro que tivemos. |
|||
DEPARTAMENTO A Educación Física como contido de ensino que debe impartirse nos centros escolares, sufriu ó longo da historia diferentes evolucións en función das concepcións propias da época. Na actualidade, a Educación Física pretende contribuir á mellora da calidade de vida e posibilitar a práctica de actividades corporais para tódolos alumnos e alumnas sin discriminación de ningún tipo. A comprensión da conducta motriz non pode aillarse da comprensión do propio corpo entendido na súa globalidade. Igualmente, a educación a través do corpo e da súa capacidade de movemento non debe reducirse ós aspectos perceptivos ou motores, senón que implica aspectos de expresión, de comunicación, afectivos e cognoscitivos.
|
|||
O próximo venres 29 de abril comezará o Torneo de Tenis CPI Cernadas de Castro 2016, que terá lugar na pista exterior do centro. Haberá dúas modalidades, individual e dobres. Estará aberto para todo o alumnado de ESO. Os delegados e delegadas dos distintos grupos dispoñen xa das follas de inscrición. De todos os xeitos, deixamos como adxuntos copias das dúas follas por se fora necesario. O cadro de participantes e os resultados iranse actualizando semanalmente nesta páxina web. |
|||
Unha vez rematada a nosa viaxe á neve, os alumnos de 4º da ESO estivemos lembrando as nosas vivenzas nesa estadia polos Pirineos, por iso fixemos unha presentación de powerpoint onde relatamos a nosa convivencia ao longo dunha semana inesquecible. |
|||
Levamos un tempo pensando en inaugurar unha sección adiicada aos nosos alumnos que dunha maneira ou outra destacan nunha modalidade deportiva, por este motivo comeza hoxe está sección, que chamaremos O RECUNCHO DO DEPORTISTA na que amosaremos os pequenos logros que acadan os nosos alumnos no deporte que practican. Imos adicar este primeiro número a uns deses alumnos deportistas que ultimamente non paran de cosechar éxitos, PABLO OLIVER IGLESIAS leva tempo regateando no seu optimist e ultimamente estanos acostumando a acadar moi bos resultados, o que o vai levar a participar a finais deste mes de xuño no campionato de España da súa especialidade que se vai celebrar en Santander. Para saber máis pincha nos seguintes enlaces: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2015/06/04/pequeno-gran-campeon/0003_201506B4C9991.htm |
|||