EDUCACIÓN FÍSICA

DEPARTAMENTO

 A Educación Física como contido de ensino que debe impartirse nos centros escolares, sufriu ó longo da historia diferentes evolucións en función das concepcións propias da época. Na actualidade, a Educación Física pretende contribuir á mellora da calidade de vida e posibilitar a práctica de actividades corporais para tódolos alumnos e alumnas sin discriminación de ningún tipo.

 A comprensión da conducta motriz non pode aillarse da comprensión do propio corpo entendido na súa globalidade. Igualmente, a educación a través do corpo e da súa capacidade de movemento non debe reducirse ós aspectos perceptivos ou motores, senón que implica aspectos de expresión, de comunicación, afectivos e cognoscitivos.

MEMBROS DO DEPARTAMENTO

GERMÁN D. PÉREZ VIDAL