[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
Matrícula Educación Primaria Historias pipaca 25/06/2024 - 20:59
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
Matrícula ESO Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43

Sesión formativa sobre seguridade e protección de datos persoais

No contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas á colaboración de APDTIC, empresa adherida a CIBER.gal, e Amtega, entidade fundadora de CIBER.gal  organízase unha sesión formativa gratuíta dirixida ao persoal e dirección das ANPAs, persoal docente dos centros educativos e país, nais ou e titores/as legais.

Esta actividade  ten como finalidade concienciar ás ANPAs e ao persoal docente do ámbito educativo, da gran cantidade de datos persoais que manexan, onde un mal uso dos mesmos o un descoido pode provocar fendas de seguridade que poñan en risco datos de colectivos protexidos como son os menores de idade. Á súa vez, ofrecer recursos e boas prácticas para fomentar a privacidade e a seguridade na relación das ANPAs cos centros educativos e os pais, nais e titores legais.

O formato da actividade será online, o próximo 23 de xaneiro ás 17:30, cunha duración de 70 minutos. As inscricións están abertas a través do seguinte enlace.

O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:

  • Protección de datos no ámbito educativo

    

Relación das ANPAS cos centros educativos

    

Relación das ANPAS cos pais ou titores/as legais e alumnos/as

Datos persoais identificativos, económicos, de carácter social, profesional e imaxes

Consentimento expreso, aspecto clave

Dereitos en materia de protección de datos

    

A figura do Delegado de Protección de Datos

   

Fendas de seguridade

 

  • Casos prácticos:

   

Tratamento e publicación de imaxes

   

Promoción e participación en actividades

   

Uso de mensaxería instantánea (WhatsApp)

   

Redes sociais

  • Recursos AEPD - Ámbito educativo