![]() |
![]() |
Responder ó comentario |
No contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas á colaboración de APDTIC, empresa adherida a CIBER.gal, e Amtega, entidade fundadora de CIBER.gal organízase unha sesión formativa gratuíta dirixida ao persoal e dirección das ANPAs, persoal docente dos centros educativos e país, nais ou e titores/as legais. Esta actividade ten como finalidade concienciar ás ANPAs e ao persoal docente do ámbito educativo, da gran cantidade de datos persoais que manexan, onde un mal uso dos mesmos o un descoido pode provocar fendas de seguridade que poñan en risco datos de colectivos protexidos como son os menores de idade. Á súa vez, ofrecer recursos e boas prácticas para fomentar a privacidade e a seguridade na relación das ANPAs cos centros educativos e os pais, nais e titores legais. O formato da actividade será online, o próximo 23 de xaneiro ás 17:30, cunha duración de 70 minutos. As inscricións están abertas a través do seguinte enlace. O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:
Relación das ANPAS cos centros educativos
Relación das ANPAS cos pais ou titores/as legais e alumnos/as
Datos persoais identificativos, económicos, de carácter social, profesional e imaxes
Consentimento expreso, aspecto clave
Dereitos en materia de protección de datos
A figura do Delegado de Protección de Datos
Fendas de seguridade
Tratamento e publicación de imaxes
Promoción e participación en actividades
Uso de mensaxería instantánea (WhatsApp)
Redes sociais
|
|||