Os departamentos de Tecnoloxía e Xeografía e Historia organizaron onte luns 15 de xaneiro unha visita ás minas de San Fins para coñecer mellor a historia do patrimonio industrial do Concello de Lousame. A técnica de cultura do mesmo, Teresa Sobradelo, explicoulle ao noso alumnado de 3º e 4º ESO as orixes históricas das minas así como diferentes aspectos relacionados coa explotación das mesmas a través do tempo. Esta visita permitiulle ao noso alumnado reflexionar sobre as implicacións sociais, culturais e ambientais da explotación da mina en Lousame e na súa contorna. |
|||