|
|||
|
|||
O pasado venres 2 de febreiro unha delegación de 41 alumnos desprazouse ata o Campamento do Loreto no Porto do Son para disputar a fase comarcal de Cros escolar, nunha mañá soleira o noso alumnado disfrutou moito das 4 carreiras nas que participou, cuns resultados variados quedaron clasificados para a seguinte fase intercomarcal o seguinte alumnado:
A seguinte fase celebrarase o 23 de febreiro no Estadio de San Lázaro en Noia.
|
|||
O alumnado de 4º ESO, da man da súa profesora de Lingua Galega, homanexean a Castelao, no seu día. |
|||
Esta semana as inspectoras de facenda Remedios Vázquez e Ana Tomé viñeron ao noso centro para falarlles ao alumnado de 4º ESO e 5º e 6º de Primaria sobre aspectos fiscais. A actividade constou dunha charla con exemplos prácticos da vida real sobre o funcionamento do noso sistema fiscal e sobre o financiamento do Estado do Benestar.
|
|||
No contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas á colaboración de APDTIC, empresa adherida a CIBER.gal, e Amtega, entidade fundadora de CIBER.gal organízase unha sesión formativa gratuíta dirixida ao persoal e dirección das ANPAs, persoal docente dos centros educativos e país, nais ou e titores/as legais. Esta actividade ten como finalidade concienciar ás ANPAs e ao persoal docente do ámbito educativo, da gran cantidade de datos persoais que manexan, onde un mal uso dos mesmos o un descoido pode provocar fendas de seguridade que poñan en risco datos de colectivos protexidos como son os menores de idade. Á súa vez, ofrecer recursos e boas prácticas para fomentar a privacidade e a seguridade na relación das ANPAs cos centros educativos e os pais, nais e titores legais. O formato da actividade será online, o próximo 23 de xaneiro ás 17:30, cunha duración de 70 minutos. As inscricións están abertas a través do seguinte enlace. O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:
Relación das ANPAS cos centros educativos
Relación das ANPAS cos pais ou titores/as legais e alumnos/as
Datos persoais identificativos, económicos, de carácter social, profesional e imaxes
Consentimento expreso, aspecto clave
Dereitos en materia de protección de datos
A figura do Delegado de Protección de Datos
Fendas de seguridade
Tratamento e publicación de imaxes
Promoción e participación en actividades
Uso de mensaxería instantánea (WhatsApp)
Redes sociais
|
|||
Os departamentos de Tecnoloxía e Xeografía e Historia organizaron onte luns 15 de xaneiro unha visita ás minas de San Fins para coñecer mellor a historia do patrimonio industrial do Concello de Lousame. A técnica de cultura do mesmo, Teresa Sobradelo, explicoulle ao noso alumnado de 3º e 4º ESO as orixes históricas das minas así como diferentes aspectos relacionados coa explotación das mesmas a través do tempo. Esta visita permitiulle ao noso alumnado reflexionar sobre as implicacións sociais, culturais e ambientais da explotación da mina en Lousame e na súa contorna. |
|||
A reserva de praza é só para o alumnado deste propio centro que vai seguir estudos aquí para o ano seguinte, ou para alumnado de 4º ESO que vai continuar estudos no IES Virxe do Mar (centro ao que estamos adscritos) PERIODO DE RESERVA DE PRAZA Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024 Documentación: ANEXO I para que o alumnado de 4º ESO poda cumprimentar a súa reserva. A reserva de praza para os centros adscritos poderá facerse telemáticamente a través da aplicación "admisión alumnado". (Ligazón) SOLICITUDE DE PERMANENCIA para o alumnado que o vindeiro curso continuará estudos no centro. PERIODO DE ADMISIÓN Para alumnado que non está actualmente matriculado no centro o período de admisión abranguerá dende o 1 ao 21 de marzo de 2024. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »