Biblioteca
DÍA DO MEDIO AMBIENTE EN ESO
O luns 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente. O grupo de 3º da ESO realizou unha escolma de libros da biblioteca relacionados coa temática. Escolleron tamén as páxinas máis interesantes deses libros para facer un vídeo que poñer na pantalla da biblioteca e chamar a atención dos compañeiros e compañeiras neles para fomentar a súa lectura. Montaron o vídeo cos seus propios dispositivos móviles e o colocaron en bucle na pantalla. Baixo ela, instalaron unha exposición dos mesmos.
APADRIÑAMENTO LECTOR
Nesta ocasión, o alumnado de 6 de Ed. Primaria volveron á aula de 6 Ed. Infantil para facer os Apadriñamentos Lectores. Como sempre... Un éxito!!!
DÍA MUNDIAL DO XOGO
Co gallo do Día Mundial do Xogo que cae a vindeira fin de semana, a biblioteca organizou, coa colaboración activa do departamento de francés, unha área de xogos de enxeño. Ademais de darlle moito que pensar ás alumnas e aos alumnos, como están feitos de madeira, sen plástico, nin pilas, seguimos na nosa liña dos ODS respectando o medio ambiente e favorecendo o traballo colaborativo.
Antes de xogar, o alumnado de francés de 3° ESO redactou, en francés, as pautas para poder xogar e resolver cada desafío.
Ademais, nas fiestras da biblioteca, podemos ler, tamén en francés, frases útiles para comunicar cos compañeiros xogando.
O alumnado de 4° ESO de francés tivo onte o privilexio de inaugurar as quendas de xogo puntuando o seu discurso con moitos adverbios!
A verdade, é que non é tan doado como semella, algúns xogos quedaron sen resolver!
A actividade está aberta para todos os usuarios da nosa biblioteca.
Esperamos a vosa visita.