Biblioteca

DÍA DAS BIBLOITECAS

Para celebrar o Día das Bibliotecas fixéronse distintas actividades como a lectura de Cocorico por parte de alumnas de 1º da ESO ao alumnado de Educación Infantil e o alumnado de 5 anos tamén  visitou a nosa biblioteca para escoitar un conto lido pola súa profesora. Gustoulles moito!
 
Asemade, organizouse un concurso de Knolling literario e fixemos entrega dos máis que merecidos premios. O xurado non o tivo nada fácil pola gran calidade das propostas presentadas. Noraboa ás gañadoras e gañadores e moitas grazas a todo o alumnado pola súa participación.

CONCURSO DE SAMAÍN DA BIBLIOTECA

Participa no concurso de Samaín da Biblioteca. Redacta unha historia ou realiza un debuxo relacionado co Samaín e entrégao na biblioteca antes do 7 de novembro.

DÍA DAS ESCRITORAS NA BIBLIOTECA

Diseño de Isabel Pérez García

O alumnado de Infantil e Primaria elaborou un mural para celebrar o Día das Escritoras e o voluntariado de biblioteca de Secundaria seleccionou unha escolma de libros en castelán e galego.

CONCURSO KNOLLING LITERARIO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para celebrar o Día das Bibliotecas propoñemos dende a biblioteca un concurso de Knolling literario, animádevos a participar que haberá premios! A data límite de entrega é o día 21 de outubro. Para máis información consultade as fotos.

DEBUXOS A PARTIRES DO CONTO: UNHA FÁBRICA DE BICOS

Aqui podedes ver os debuxos que fixemos despois de ler o conto da familia de Alicia. Unha fábrica de bicos

Distribuir contenido