Biblioteca

OH DEAR! COMPARTINDO LECTURAS COAS FAMILIAS

O alumnado de 5º de Educación Infantil traballou na clase coa mestra de inglés o libro "Oh Dear!" de Rod Campbell. Con el aprenderon a pedir cousas, os nomes dos animais de granxa máis habituais na nosa zona e reflexionaron sobre que animais poñen ovos ou non así como sobre o proceso de coidado das crías por parte das aves. Tamén traballaron a pronuncia e a entoación e representaron a historia de acordo coa súa idade. Pero o que é máis importante, fixérono a partir dun conto na lingua orixinal que os achegou á ledicia de ler en calquera idioma, de achegarse ao mundo a través da literatura.

Unha vez que aprenderon a contar a historia, levaron o libro por turnos para a casa e así compartírono coas súas familias. Na portada pegouse un código QR para que poideran escoitalo tamén tal e como o facían na clase.

No arquivo adxunto pódese escoitar o ben que o fixeron ou escaneando o QR.

SEGUIMOS MELLORANDO A BIBLIOTECA

Seguimos mellorando o espazo da biblioteca coa adquisición de novo mobiliario. Nestes días xa estamos a recibir os novos mobles! A nosa biblioteca é coma unha crisálide en proceso de transformación...  Nestes anos moito cambiou!

A CEBRA CAMILA EN NEGRO

E como tiñamos moita curiosidade en saber onde pintabamos coa cera branca collemos unhas cartolinas negras e fixemos trazos horizontais coa cera branda. Eso si, tiñamos que saltar a cebra feita coas nosas mans creativas pintadas de témpera branca estampandoas na cartolina negra.

HASTA QUE PODAMOS ABRAZARNOS

Hasta que podamos abrazarnos  é o seguinte libro co que traballamos o grafismo. É unha continuación do anterior libro. Agora traballamos o trazo vertical de abaixo hacia arriba ó redor dun ourizo feito cas nosas mans creativas.

EL ABRAZO

Con este título: El abrazo, traballamos o trazo ó redor da figura cadrada. E así de bonitas quedaron as nosas tartarugas!!

Distribuir contenido