Biblioteca

A MÁSCARA DO LEÓN

E para celebrar o Entroido, outro conto. Desta vez: A máscara do León.  Con este conto tamén fixemos dúas actividades de grafismo. Unha foi facer a máscara do león, onde tiñamos que facer os trazos na follas da máscara. E despois colorear.

E na outra actividade do conto A máscara do león tiñamos que facer os trazos na melena do león e na cebra, a amiga do león.

DÍA DO BICO

Para celebrar o día do bico, a parte de outros contos, eleximos Sembrando Besos. Con esta actividade fixémonos unha foto igual que a protagonista do libro, sembrando bicos. E para sembrar tantos bicos como temos, fixemos un camiño con purpurina dourada. Mirade que espectacular nos quedou!!

GRAFISMO CREATIVO COA CEBRA CAMILA

Co libro titulado A Cebra Camila, traballamos o trazo horizontal. Mirade que bonito nos quedou.

GRAFISMO CREATIVO CO COELLIÑO BLANCO

Seguimos co grafismo creativo, e nesta ocasión traballamos co libro titulado O Coelliño Branco. Nesta ocasión traballamos o esquema corporal, o trazo vertical e horizontal, ademais do círculo. Neste video podédelo ver.

Distribuir contenido