Biblioteca

WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ

Na aula de 3 anos seguimos co grafismo creativo. Para celebrar o día da árbore traballamos co libro de Wangari y los árboles de la Paz. Con este libro falamos  tamén da importancia que teñen as árbores para os humanos e da figura de Wangari,  que foi a primeira muller  africana á que se lle adicou o Premio Nobel  da Paz en 2004.

DÍA DO LIBRO NA CLASE DE 4º DE E.I.

Na aula de 3 anos celebramos o Día do Libro deste xeito!! Esperamos que vos guste!! Viva o día do libro tódolos días!!

 

DÍA DO LIBRO 2023

 

O equipo da biblioteca, parte do profesorado  e o conxunto do alumnado volcouse na creación da exposición de bookface para celebrar o Día do Libro. 

O proxecto implicou moita creatividade, enerxía, tempo e sentido do humor por parte dos participantes. 

Este ano, mobilizámonos tod@s para publicitar unha grande variedade de  libros. Hai que dicir que este curso temos a sorte de ter moitos grandes lectores afiliados á nosa biblioteca. 

A exposición está ubicada en 3 sitios diferentes para unha maior visibilidade:

- na entrada do CPIP, díante de administración.

- na entrada da biblioteca e do comedor.

- na propia biblioteca, na nosa mega pantalla táctil. 

 

Moitas grazas a tod@s pola vosa participación e parabéns a tod@s @s nos@s lectores por ler, abrir a mente e cambiar o mundo que nos rodea.

DÍA DA POESÍA

Actividade do Club de Lectura e da Biblioteca para celebrar o Día da Poesía.

O alumnado de1° Eso pasou polas aulas dos compañeir@s dos outros cursos da ESO, recitando poemas elixidos por eles,a maior parte ,e outros sobre o que é a poesía indicados pola profesora de Lingua Galega.

 

Algúns dos poetas recitados foron Marilar  Aleixandre, Fran Alonso, Rosalía de Castro, Manuel María, Marta Dacosta, Carlos Negro ou Celso Emilio Ferreiro.

CUANDO LAS NIÑAS VUELAN ALTO

Para celebrar o dia da muller traballadora, ademáis de outras actividades, o alumnado de 3 anos traballamos co libro titulado: Cuando las niñas vuelan algo. Seguimos avanzando no noso esquema corporal e tamen no grafismo creativo.

Distribuir contenido