Biblioteca

DÍA DA NON VIOLENCIA EN EI

Este sábado celebrouse o día en contra da violencia de xénero. E nós tamén estivemos traballando nesta temática. Falamos do que é a violencia, que si está ben ou non, de como nos sentimos, do que temos que facer... e chegamos á conclusión de que a Aula de 4 anos non queremos a violenvia.

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Esta semana, o luns 20 de novembro celebramos o día dos dereitos da infancia. E nós celebramos este día, vendo cales era algúns dos nosos dereitos e deixamos plasmados en tarefas individuais, para facer o noso caderno dos dereitos da infancia. Este material compartiunolo unha mestra, que se chama Noelia e o seu instagram é micolealdiainsta.

 

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI P. DE CASTROVERDE DÁLLE AS COSTAS Á VIOLENCIA DE XÉNERO

A comunidade educativa do CPI de Castroverde conformou onte un gran lazo morado diante do mural de Hipatia de Alexandría (de Diego As) como mostra do rexeitamento unánime á Violencia de Xénero.

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Celebramos o día dos dereitos da infacia, entre otras cousas, coa realización destes murais en EI e Primaria.

APADRIÑAMENTOS DE 5º DE PRIMARIA CON 5º DE INFANTIL

Esta semana tivemos os apadriñamentos lectores, cos alumnos e alumnas de 5º Ed. Primaria e 5º Ed. Infantil. Estamos moi contentos de que nos veñan a ler os nosos padriños e madriñas.

Distribuir contenido