Skip to Content

Secretaría

MATRICULA 2018-2019

O alumnado do centro deberá presentar debidamente cuberto o sobre de matrícula que lle se entregou no centro coas notas.

Os alumnos/as de nova incorporación poderán recoller e entregar o sobre de matrícula na secretaría do centro en horario de 9:00 a 13:30 hs.

Os prazos para a formalización da matrícula serán os seguintes (Orde do 10 de marzo de 2013, DOG nº 53):

- Alumnado de Educación Infantil e Primaria do 20 ao 29 de xuño.

- Alumnado de Educación Secundaria do 25 de xuño ao 10 de xullo.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

De acordo coas instrucións da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do Fondo Solidario de Libros de texto e Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar (Orde do 9 de maio de 2018- DOG do 21-05-2018procedemos a facer público o contido desta orde a todos os sectores da comunidade educativa.

Para o curso 2018-2019 o alumnado matriculado nos centros educativos públicos poderán beneficiarse das diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino:

1.- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º,4º, 5º e 6º de EP e en 1º,2º, 3º e 4º da ESO, nos que se manterán os libros de texto do curso 2017-2018.

2.- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.

3.- Axudas para a adquisición de material escolar: todo o alumnado matriculado en EP e ESO.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 22 de maio ata o 22 de xuño. Podedes pasar a recoller os FORMULARIOS correspondentes pola secretaría do centro en horario de mañá, de 8,45 a 13,45 horas, na páxina do centro ou na páxina da xunta.

Ante calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co centro

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO NO CENTRO 2018-2019

O prazo de solicitudes de Admisión para o curso 2018-2019 abrangue dende o 1 até o 20 de marzo ( *de acordo co establecido na Disposición Adicional primeira da orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado).

O proceso de admisión pódese facer dende a Sede Electrónica da XUNTA seguindo as instruccións que aparecen neste enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B)

Podedes pasar pola secretaría do centro en horario de 8,45 a 13,45hs de luns a venres para recoller e entregar os documentos necesarios ou descargalos dende este enlace: FORMULARIO ADMISIÓN DO ALUMNADO. ANEXO II

LISTAXE DEFINITIVA da ESO do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2017-2018

 De acordo coas instrucións da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do Fondo Solidario de Libros de texto e Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar ( Orde do 16 de maio de 2017- DOG do 22-05-2017 ) procedemos a facer público a todos os sectores da Comunidade Educativa a Listaxe definitiva de admitidos/as do Fondo Solidario de Libros de Texto para Educación Secundaria.(VÉXASE ARQUIVO ADXUNTO)

Cando comecen as clases en Setembro entregaránse os libros de texto asignados a cada alumno/a correspondente ao Fondo Solidario.

Ante calquera dúbuda ou aclaración póñanse en contacto co centro.

LISTAXE DEFINITIVA do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2017-2018

De acordo coas instrucións da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do Fondo Solidario de Libros de texto e Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar ( Orde do 16 de maio de 2017- DOG do 22-05-2017 )procedemos a facer público a todos os sectores da Comunidade Educativa a Listaxe definitiva de admitidos/as do Fondo Solidario de Libros de Texto para Educación Primaria.(VÉXANSE ARQUIVOS ADXUNTOS)

Seguindo as mesmas instrucións da Consellaría e da Orde do Fondo Solidario informamos que as listaxes de Educación Secundaria de libros adxudicados e a orde de adxudicación definitiva non se farán públicas ata setembro.

A partir do 1 de setembro poderán recoller os vales de Axudas para adquirir libros de texto ( 1º e 2º de Primaria) así como dos vales de Axuda para material escolar ( Educación Primaria e Educación Secundaria).

Cando comecen as clases en Setembro entregaránse os libros de texto asignados a cada alumno/a correspondente ao Fondo Solidario.

 

Ante calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co centro.

LISTAXE PROVISIONAL do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2017-2018

De acordo coas instrucións da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do Fondo Solidario de Libros de texto e Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar( Orde do 16 de maio de 2017- DOG do 22-05-2017 ) procedemos a facer público a todos os sectores da Comunidade Educativa a Listaxe PROVISIONAL de admitidos/as do Fondo Solidario de Libros de Texto para Educación Primaria e Secundaria así como das Axudas para adquirir Libros de texto (1º e 2º dePrimaria) e MaterialEscolar.(VÉXANSE ARQUIVOS ADXUNTOS)

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes á publicación destas listaxes provisionais, neste caso ata o día 18 de xullo, presentando a documentación que estimen oportuna.

 

Ante calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co centro.

Calendario de Exames de Setembro 2017

As probas extraordinarias de Setembro 2017 desenvolveránse o venres 1 e luns 4 de setembro en horario de 8,45 a 14,15hs.

Podedes consultar o calendario destas probas extraordinarias de setembro 2017 e os horarios dos respectivos exames e materias na porta do centro ou no seguinte arquivo adxunto.

                                                        

Libros de Texto 2017-2018

Podedes consultar a listaxe dos Libros de Texto para o vindeiro curso 2017-2018 na porta principal do colexio ou no arquivo adxunto a esta información.

AVISO IMPORTANTE: Lembrade que é recomendable NON mercar ningún libro de texto nin material escolar ata o mes de Setembro cando todo o alumnado teña asignado o grupo e profesor/a correspondente.

 

MATRÍCULA CURSO 2017-2018

O alumnado do centro deberá presentar debidamente cuberto o sobre de matrícula que lle será entregado no centro co boletín das notas.

Os alumnos/as de nova incorporación poderán recoller e entregar o sobre de matrícula na secretaría do centro en horario de 9:00 a 13:30 hs.

Os prazos para a formalización da matrícula serán os seguintes (Orde do 10 de marzo de 2013, DOG nº 53):

  • Alumnado de Educación Infantil e Primaria do 20 ao 30 de xuño.
  • Alumnado de Educación Secundaria do 25 de xuño ao 10 de xullo.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

De acordo coas instrucións da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do Fondo Solidario de Libros de texto e Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar ( Orde do 16 de maio de 2017- DOG do 22-05-2017)procedemos a facer público o contido desta orde a todos os sectores da comunidade educativa.

Para o curso 2017-2018 o alumnado matriculado nos centros educativos públicos poderán beneficiarse das diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino:

1.- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º,4º, 5º e 6º de EP e en 1º,2º, 3º e 4º da ESO, nos que se manterán os libros de texto do curso 2016-2017.

2.- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.

3.- Axudas para a adquisición de material escolar: todo o alumnado matriculado en EP e ESO.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 23 de maio ata o 23 de xuño. Podedes pasar a recoller os FORMULARIOS correspondentes pola secretaría do centro en horario de mañá, de 8,45 a 13,45 horas, na páxina do centro ou na páxina da xunta.

Ante calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co centro

Distribuir contido


by Dr. Radut