Skip to Content

Secretaría

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR para a ESO

De acordo coas instruccións da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do Fondo Solidario de Libros de Texto e Axudas para Adquirir libros de texto e material escolar (Orde do 27 de abril de 2016- DOG do 16-05-2016) procedemos a facer público a todos os sectores da Comunidade Educativa a Listaxe definitiva de admitidos/as do Fondo Solidario de Libros de Texto para Educación Secundaria.(VÉXASE ARQUIVO ADXUNTO)

En breve, entregaránse os libros de texto asignados a cada alumno/a correspondente ao Fondo Solidario; tamén se fará entrega dos vales de axuda para adquirir libros de texto ( 1º e 2º de Primaria e 2º e 4º de secundaria) así como dos vales de axuda para material escolar.

 Ante calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co centro.

REUNIÓN INFORMATIVA FAMILIAS EDUCACIÓN INFANTIL

O vindeiro xoves 8 de setembro, ás 12,30 horas, terá lugar no Salón de Usos Múltiples do noso centro a Reunión de Principio de curso para as familias do alumnado de Educación Infantil na que faremos a presentación do equipo docente e daremos conta de aspectos varios de interese para a escolarización dos nosos cativos e cativas.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

De acordo coas instruccións da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do Fondo Solidario de Libros de Texto e Axudas para Adquirir libros de texto e material escolar (Orde do 27 de abril de 2016- DOG do 16-05-2016) procedemos a facer público a todos os sectores da Comunidade Educativa a Listaxe definitiva de admitidos/as do Fondo Solidario de Libros de Texto para Educación Primaria.(VÉXASE ARQUIVO ADXUNTO)

Seguindo as mesmas instrucións da Consellería e da Orde do Fondo Solidario informamos que as listaxes de Educación Secundaria de libros adxudicados e a orde de adxudicación definitiva non se farán públicas ata setembro.

Ao inicio do próximo curso, Setembro 2016, entregaránse os libros de texto asignados a cada alumno/a correspondente ao Fondo Solidario; tamén se fará entrega dos vales de axuda para adquirir libros de texto ( 1º e 2º de Primaria e 2º e 4º de secundaria) así como dos vales de axuda para material escolar.

 

 Ante calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co centro.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-2017

Podedes consultar a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso 2016-2017 na porta principal do colexio ou no arquivo adxunto a este artigo.

AVISO IMPORTANTE. Lembrade que é recomendable NON mercar ningún libro de texto nin material escolar ata o mes de setembro cando todo o alumnado teña asignado o grupo e profesor/a correspondente. Graciñas.

Calendario de exames de setembro 2016

As Probas Extraordinarias de Setembro 2016 desenvolveránse o xoves 1 e venres 2 de setembro en horario de 8,45 a 14,45.

Podedes consultar o calendario destas Probas extraordinarias de setembro 2016 e os horarios dos respectivos exames e materias na porta do centro ou no seguinte arquivo adxunto. 

Matrícula curso 2016-2017

O alumnado do centro deberá presentar debidamente cuberto o sobre de matrícula que lle será entregado no centro.

Os alumnos/as de nova incorporación poderán recoller e entregar o sobre de matrícula na secretaría do centro en horario de 9:00 a 13:30 hs.

Os prazos para a formalización da matrícula serán os seguintes (Orde do 10 de marzo de 2013, DOG nº 53):

  •   Alumnado de Educación Infantil e Primaria do 20 ao 30 de xuño.

  •   Alumnado de Educación Secundaria do 25 de xuño ao 10 de xullo.

COMUNICADO TEMA AXENDA

Ante a nota de prensa emitida polo BNG de Cuntis no día de hoxe, 8 de xuño de 2016, publicada no Facebook e recollida na prensa, o Equipo Directivo do CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis quere facer constar o seguinte:

 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega está a promover, como o leva feito nos últimos catro anos, unha axenda escolar para o vindeiro curso 2016-2017.

 

Esta axenda, como moitas familias saben, todos os anos presenta nas páxinas que separan uns meses dos outros debuxos, fotos ou outro tipo de composicións realizadas polo alumnado. Normalmente búscase unha temática común e repártese entre o alumnado: Educación Infantil fai unha debuxo conxunto e logo cada nivel de Educación Primaria (6 debuxos) e Educación Secundaria (4 debuxos) e escóllese un a maiores para completar os 12 meses do ano.

 

As temáticas desta axenda nos últimos anos foron as seguintes:

 

Axenda curso 2012-2013: debuxos da propia imprenta que a fabrica con algún poema e algunha personalización porque se realizou durante o mes de xullo cando o alumnado xa estaba de vacacións.

 

Axenda curso 2013-2014: personalizouse cada mes con cantigas e refráns populares relativos a cada un dos meses ou estacións do ano e con outros temas (Día da Paz, Día contra a violencia de xénero, Mes dos libros etc) con debuxos relativos á estas temáticas.

 

Axenda curso 2014-2015: personalizouse con frases célebres de personaxes famosos e con outros temas (Día dos dereitos humanos, Día das Letras Galegas, Día Mundial do Medio Ambiente etc.) e os debuxos estaban relaciondados con estas temáticas.

 

Axenda curso 2015-2016:  personalizouse con patrimonio histórico de Cuntis (fontes, muíños e lavadoiros) e con reflexións sobre a lingua. Os debuxos estaban relacionados con estas temáticas.

 

Na axenda deste ano decidiuse seguir a traballar co patrimonio histórico e traballar os numerosos petroglifos que hai no concello de Cuntis.

 

Como se fai todos os anos, a persoa que coordina o Equipo de Dinamización da Lingua Galega busca debuxos sobre o que se vai traballar para repartir entre o alumnado (na ESO entregándollo directamente) e en Educación Primaria repartíndoo entre o profesorado titor e acompáñase cunha breve explicación sobre o que se vai facer.

Posteriormente expóñense durante dúas semanas (neste momento pode visitalos quen queira velos -Anexamos fotos-) e xa no final do curso expóñense só os debuxos gañadores de cada un dos meses que irán finalmente na axenda con nome, apelidos e curso do alumnado.

 

Para realizar este traballo, como nos últimos anos, a profesora que coordina o Equipo de Dinamización da Lingua Galega este curso busca por internet fotografías ou imaxes de petroglifos que lle sirvan ao alumnado para orientarse e realizar os debuxos. Incluso, no caso de 3º da ESO, que non encontra nada pola rede, mándaos que vaian á Biblioteca Blanco Torres para ver un petroglifo que hai alí. Posteriormente, escribe unhas pautas para que o profesorado e o alumnado saiba o que hai que facer e distribúe a proposta de traballo por clases: na ESO e en Educación Infantil púxoselle no taboleiro ao alumnado para que vise o petroglifo asignado e déronselle indicacións de como realizalo e en Educación Primaria, repartíuselle ao profesorado que nalgúns casos fixo copias e repartiunas entre o alumnado da clase e noutros non.

 

Pois ben, entre estas imaxes recollidas pola rede había tres delas, asignadas aleatoriamente aos cursos de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria, que estaban sacadas dun documento público (polo tanto, ao que pode acceder quen queira) que o partido político local de Cuntis “Veciñanza” tiña colgado na rede e non tivemos a prudencia de eliminar o logo deste partido político deste documento.

 

Antes de nada queremos aclarar que a Coodinadora do Equipo de Dinamización non é de Cuntis e é o primeiro ano que traballa connosco, polo que en ningún momento identificou ese logo cun partido político. De todas maneiras este equipo directivo asume a responsabilidade total sobre esta cuestión e manifesta a máxima confianza no extraordinario traballo desenvolvido por esta profesora durante este curso.

 

Así mesmo, pedimos desculpas públicas a todos os membros da comunidade educativa se se sentiron ofendidos/as ou molestos/as por este erro totalmente involuntario e realizado con absoluta boa fe.

 

Queremos tamén facer constar que non tivemos ningunha queixa e/ou reclamación de ningún pai/nai e ou titor/a legal do alumnado nin do partido denunciante sobre este tema e foi unha sorpresa encontrarse con este tema na prensa e nas redes sociais o día de hoxe.

 

Por último, apénanos grandemente que desde instancias políticas locais se queira utilizar o centro como arma política, o que redunda no deterioro social da imaxe do ensino público, e dos/as seus/súas traballadores/as, e do prestixio do CPI Aurelio Marcelino Rey García.

 

Equipo Directivo do CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

De acordo coas instrucións da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do Fondo Solidario de Libros de texto e Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar ( Orde do 27 de abril de 2016- DOG do 16-05-2016)procedemos a facer público o contido desta orde a todos os sectores da comunidade educativa.

Para o curso 2016-2017 o alumnado matriculado nos centros educativos públicos poderán beneficiarse das diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino:

1.- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º,4º, 5º e 6º de EP e en 1º e 3º da ESO, nos que se manterán os libros de texto do curso 2015-2016.

2.- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en 2º e 4º da ESO.

3.- Axudas para a adquisición de material escolar: todo o alumnado matriculado en EP e ESO.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 18 de maio ata o 23 de xuño. Podedes pasar a recoller os formularios correspondentes pola secretaría do centro en horario de mañá, de 8,45 a 13,45 horas, na páxina do centro ou na páxina da xunta.

Ante calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co centro.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de convocar 682 prazas para realizar actividades de formación en línguas estranxeiras para o alumnado de ESO e Bacharelato no ano 2016. O prazo de solicitudes comeza o 29 de marzo e permanecerá aberto ata o 28 de abril (ambos incluídos). No seguinte enlace podedes atopar toda a información necesaria.

 

Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016.

REUNIÓN ALUMNADO NOVO NO CENTRO

►  REUNIÓN INFORMATIVAALUMNADO

NOVO NO CENTRO

 

O VINDEIRO MARTES 15 DE MARZO ÁS 18:15 HORAS REUNIÓN INFORMATIVA E VISITA POLAS INSTALACIÓNS DO NOSO CENTRO.

Distribuir contido


by Dr. Radut