Skip to Content

Secretaría

Reunión Familias de Educación Primaria

O vindeiro martes día 15 de setembro terá lugar na Sala de Usos Múltiples do CPI Aurelio Marcelino Rey García a reunión de principio de curso para Educación Primaria.

As horas establecidas por cursos serán as seguintes:

  • 3º e 4º Curso de EP 16:00 hs.

  • 5º e 6º Curso de EP 17:00 hs.

  • 1º e 2º Curso de EP 18:00 hs.

No transcurso desta reunión trataranse temas de interese para o funcionamento do curso escolar 2015-2016 polo que é conveniente a súa asistencia e participación na mesma.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2015-2016

Podedes consultar a Listaxe de Libros de Texto para o curso 2015-2016 no arquivo adxunto ou na porta principal do colexio.                                                            

 AVISO IMPORTANTE

NON MERCAR NINGÚN LIBRO DE TEXTO NIN MATERIAL ESCOLAR ATA O MES DE SETEMBRO CANDO O ALUMNADO TEÑA ASIGNADO O GRUPO E PROFESOR/A CORRESPONDENTE. MOITAS GRAZAS

LISTAXE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2015-2016

ADXUDICACIÓN LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

3º e 5º de PRIMARIA

 

De acordo coas instrucións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do Fondo Solidario de Libros de texto ( Orde do 21 de maio de 2015- DOG do 01-06-2015procedemos a facer públicas na porta principal do centro as listaxes de solicitudes correspondentes a 3º e 5º de Primaria.

**AVISO IMPORTANTE: As persoas solicitantes admitidas nestas listaxes terán que pasar polo centro asinar un documento de compromiso de devolución do material curricular recibido en bo estado ao finalizar o curso 2015-2016.

*Ao inicio do próximo curso, setembro de 2015, e unha vez asinado o documento de compromiso, entregaranse os libros de texto asignados a cada alumno/a correspondente ao fondo solidario.

 

Seguindo as mesmas instrucións da Consellería e da Orde do Fondo Solidario informamos que as listaxes de 2º e 4º da ESO de libros adxudicados e a orde de adxudicación definitiva non se farán públicas ata setembro.

 

Ante calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co centro.

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO 2015

O CALENDARIO DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO 2014 desenvolveráse nos días 1 e 2 en horario de 8:45 a 13:45 hs.

En arquivo adxunto aparece o detalle de cada exame.

MATRÍCULA CURSO 2015- 2016

O alumnado do centro deberá presentar debidamente cuberto o sobre de matrícula que lle será entregado no centro.

Os alumnos/as de nova incorporación poderán recoller e entregar o sobre de matrícula na secretaría do centro en horario de 9:00 a 13:30 hs.

Os prazos para a formalización da matrícula serán os seguintes (Orde do 10 de marzo de 2013, DOG nº 53):

      · Alumnado de Educación Infantil e Primaria do 22 ao 30 de xuño.

      · Alumnado de Educación Secundaria do 24 de xuño ao 10 de xullo (O alumnado que solicite axuda de libros para o vindeiro  curso, ten de prazo para formalizar a matrícula ata o 30 de xullo).

LIBROS DE TEXTO CURSO 2015- 2016

A gratuidade  solidaria de libros de texto para o próximo curso escolar 2015-2016 levarase a cabo mediante dous procedementos: 

  • Axudas para a adquisición de libros de texto regulado pola Orde do 22 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño)para o alumnado de 1º, 2º, 4º e 6º de EP, 1º e 3º de ESO.

  • Fondo solidario de libros de texto regulado pola Orde do 21 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño)para o alumnado de 3º e 5º de EP e 2º e 4º de ESO.

Podedes consultar toda a información en canto a prazos e requisitos nos enlaces que vos deixamos, nos arquivos adxuntos ou no propio centro en horario de 9:00 a 13:30 horas.

DEBATE ELECTORAL

DEBATE ELECTORAL

Luns, 18 de maio

16:30 horas

Están convidados todos os cabeza de lista das candidaturas

Lugar: Salon de Actos do CPI Aurelio Marcelino Rey García

Está aberta a participación no acto a toda a comunidade educativa que o desexe

 

Actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de convocar 682 prazas para realizar actividades de formación en línguas estranxeiras para o alumnado de ESO e Bacharelato no ano 2015. O prazo de solicitudes comeza o 17 de marzo e permanecerá aberto ata o 16 de abril (ambos incluídos). No seguinte enlace podedes atopar toda a información necesaria.

     Orde do 2 de marzo de 2015 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015.

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO 2015-2016

 

 PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2015-2016

 

O prazo de admisión para o curso 2015-2016 abrangue desde o 2 ata o 23 DE MARZO  (*De acordo co establecido na disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado).

  

  RESERVA DE PRAZAS PARA O COMEDOR ESCOLAR 2015-2016

 

O prazo de reserva de prazas para o comedor escolar para o curso 2015-16 abrangue dende o 2 ata o 23 de marzo.

 

►  REUNIÓN INFORMATIVA ALUMNADO NOVO NO CENTRO

 

O VINDEIRO MARTES 10 DE MARZO ÁS 17:00 HORAS REUNIÓN INFORMATIVA E VISITA POLAS INSTALACIÓNS DO NOSO CENTRO.

 

REUNIÓN INFORMATIVA FAMILIAS EDUCACIÓN INFANTIL

O vindeiro luns 8 de setembro ás 12:00 horas na sala de usos múltiples do centro terá lugar a reunión informativa para

as familias do alumnado de educación infantil.

Distribuir contido


by Dr. Radut