PARABÉNS Á NOSA ALUMNA: CLARA MAGARIÑOS SAAVEDRA!!!
Enviado por admin o Xov, 15/06/2017 - 11:23
A Dirección do CPI As Mirandas felicita a CLARA MAGARIÑOS SAAVEDRA, alumna de 6º de EP por ser a gañadora do "Concurso de Contos Ondas de Ilusións 2016-2017".
O premio é o disfrute de toda a súa clase(16 compañeiros) e o profesor, Luis Casás, dunha xornada en Kayak e Medioambiente nas Fragas do Eume o venres 16 de xuño.
Toda a información sobre o ben que o pasaron ese día no seguinte enlace:
Parabéns a toda a clase porque sabemos que dos 42 contos presentados, 3 desta clase estaban nos 8 primeiros!
Desexamos que disfruten dunha excelente xornada na que a inmersión nas Fragas do Eume sexa moi emotiva, pracenteira e gratificante.
CELEBRAMOS O DÍA NACIONAL DAS LÍNGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS: O 14 DE XUÑO- O noso vídeo foi un dos gañadores no Concurso "Cantando con las manos" da Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia
Enviado por admin o Mér, 14/06/2017 - 10:19Hoxe 14 de xuño, queremos festexar o DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS (LSE) e amosar a presenza normalizada da LSE no ámbito educativo, en todos os niveis. Nel participan alumnado xordo e ouvinte, profesorado, intérpretes e mediadores comunicativos que forman parte dos centros educativos de Galicia.
E con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, no noso cole participamos no concurso "Cantamos con las manos" convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza (FAXPG).
Grazas a Luísa Lombardero, a nosa intérprete de signos, porque sen ela isto non sería posible.
Este foi o resultado, esperamos que vos guste!!! E gañamos
O vídeo que o noso cole presentou ao I Concurso "Cantamos con las manos"convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza (FAXPG) quedou gañador do mesmo xunto aos centros de Cambre e Guntín. Parabens a todos e todas e en especial á nosa infatigable Luísa Lombardero por ser a alma mater deste proxecto.
MATERIAL PARA PROFESORADO - ESTRATEXIAS PARA TRATAR ALUMNADO ASPERGER, ALTAS CAPACIDADES,..
Enviado por admin o Xov, 08/06/2017 - 12:25O Departamento de Orientación recomenda a lectura dos seguintes arquivos ao profesorado de secundaria:
ALUMNADO DE 3º ESO E O SEU PROFESORADO DISFRUTARON DO PREMIO : FIN DE SEMANA EN TUI!!!.
Enviado por admin o Xov, 01/06/2017 - 11:04FIN DE SEMANA EN TUI!!!!!
AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocaron a terceira edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portugal) no que o noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3ºB participou o 20 de abril. Trátase dun concurso que fomenta o traballo colaborativo, pois os grupos equipos son grupos-clase completos.
Os rapaces fixérono de fábula, e claro, o esforzo trouxo a súa recompensa porque foron os gañadores dos equipos galegos que participaron. E alá nos fomos o 27 de maio a disfrutar do premio: "Unha fin de semana en Tui" con todos os gastos pagos, onde tiveron (e tivemos, xa que grazas a eles as profes tamén os acompañaron) un “Encontro Matemático” xunto ao equipo gañador de Portugal: xogos entre o alumnado de Galicia e Portugal, actividades para “romper o xeo” (coñecer o máximo número de compañeiros do equipo portugués), formación de equipos mixtos para as probas do fin de semana (equipos con nomes moi familiares: Euclides, Pitágoras, Sofía Kovalevskaya…), roteiro matemático con probas por equipos, visita turística a Valença, actuación dun mago, descenso do Miño en kayak, máis xogos matemáticos de estratexia por equipos,... Non paramos nin un minuto e pasámolo moi ben (sí rapaces, as mates tamén son divertidas...que volo diga 3ºB) e para mostra aquí tedes un pequeno documento gráfico. A ver se nos vemos o ano que ven en Portugal...oxalá!
AVALIACIÓN DO PROXECTO DENDE ARES CARA AO MUNDO
Enviado por admin o Lun, 29/05/2017 - 18:35Con motivo de levar a cabo unha avaliación do proxecto "Dende Ares cara ao mundo" e do traballo por proxectos, en xeral, solicitamos do alumnado e das familias que cubran as seguintes enquisas.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!
O traballo colaborativo, cooperativo e por proxectos é unha nova metodoloxía que consideramos favorece a aprendizaxe do alumnado. A participación da familia tamén é moi importante e fundamental, o cal redunda nunha mellora da convivencia e o alumnado síntese o verdadeiro impulsor e protagonista da súa aprendizaxe.
LÓVA. POR FÍN CHEGA O DÍA!!!
Enviado por admin o Ven, 26/05/2017 - 08:23Achégase o gran día, a punto de conseguir o gran reto:
REPRESENTAR UNHA ÓPERA ORIXINAL CREADA POR TODOS ELES!
Durante este ano,formaron as súas compañías e se convirtiron en distintos profesionais das artes escénicas: maquillador@s e encargad@s de vestiario, escenógraf@s e iluminador@s, relacións públicas e documentalistas, intérpretes, compositor@s e dirección de producción e posta en escena ademáis colaborarán coa iniciativa solidaria de #UnaCuraparaAdri. Non o perdas!
Podedes ver outras publicacións como nas notas de prensa da Xunta de Galicia:
Outros dez adultos de Idiomas tamén ensaian a súa estrea lírica en francés
O venres, 2 de xuño, alumnos e alumnas dos CPI de San Sadurniño e As Mirandas de Ares estrean dúas óperas compostas e producidas por eles mesmos neste curso 2016-17. As óperas son resultado da implantación do proxecto LÓVA (La Ópera, Vehículo de Aprendizaje). LÓVA é un proxecto educativo interdisciplinar e innovador que foi elixido pola Unión Europea como proxecto educativo español de referencia para desenvolver a conciencia e a expresión cultural.
Son 21 nenos e nenas de 5º de primaria os que formaron a compañía de ópera Bombiglobo do CPI San Sadurniño, que estrea a peza de teatro musical De camiño á realidade na Casa da Cultura de San Sadurniño con pases este venres ás 10:30 h. e ás 12:30 h. Os nenos e nenas de entre 10 e 11 anos son os únicos responsables do espectáculo. Será un ensaio xeral para a gran actuación no Teatro Jofre o 20 de xuño, ás 19 h.
O CPI San Sadurniño xa ten experiencia nestas representacións musicais, moi significativa e gratificante. Levan catro anos facéndoas con gran aceptación da rapazada e éxito de público. Tamén os pais e nais están encantados coa marcha do proxecto polos bos resultados que se notan tanto no ámbito escolar como na vida cotiá. Os seus pequenos aprenden e desenvolven habilidades sociais na xestión de conflitos, o liderado ou o aumento do grado de responsabilidade. Baixo a coordinación do titor de primaria, Juan Manuel Fernández, e a profesora de música, Ana Isabel Vázquez, os alumnos e alumnas organizáronse en equipos profesionais que fan de todo: escribir o libreto, dirixir a produción, compoñer e interpretar a música, confeccionar o vestiario, realizar a campaña de prensa, fabricar a utilería, crear a iluminación, deseñar a escenografía e así, ata completar todas as tarefas propias dunha compañía de ópera profesional.
Froito da gran calidade do traballo realizado, San Sadurniño quedou clasificado recentemente entre os 8 finalistas do VII Concurso de Buenas Prácticas Educativas pola Asociación Mejora tu Escuela Pública, dentro da modalidade A - Centros de Infantil, Primaria e Educación Especial. A este concurso presentáronse 240 centros públicos de toda España coas experiencias educativas levadas a cabo durante o curso 2015-16.
Tamén o CPI As Mirandas asumiu o reto de abrir a aula ás emocións, á imaxinación e ao esforzo compartido. A mestra Lara Mª Valcuende, que impulsou en 2011 o nacemento da primeira compañía de ópera infantil en Galicia, no CEIP Augusto Assía da Mezquita en Ourense, implantou LÓVA neste curso neste colexio de Ares. Alumnado de 2º de primaria e 4º da ESO creou a súa compañía de ópera: Vidriera e Luz Única. Estas compañías produciron a peza de teatro musical Un cambio inesperado, que estrean o día 2 de xuño ás 18:30 h. no casino de Franza en Mugardos. Os días 8 e 9 de xuño haberá outros pases no casino de Ares ás 11 h. Os asistentes ás actuacións poderán axudar voluntariamente á iniciativa solidaria Una cura para Adri.
Pero non só os pequenos gozan coa música, tamén 10 adultos de entre 30 e 60 anos, alumnos e alumnas da Escola Oficial de Idiomas da Coruña están emocionados e moi implicados na preparación dunha ópera en francés, guiados pola coordinadora do Departamento de Francés, Beatriz Arboleya. Empezaron o proxecto o pasado 17 de xaneiro formando a compañía Les mardiZensemble e agardan representar a súa primeira ópera no último trimestre deste ano. As dinámicas de relacións sociais e de aprendizaxe xeradas durante o proceso de montaxe da peza de ópera foron de tal alcance que a escola decidiu presentar á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. unha programación para incluír o proxecto nun curso de idioma avanzado non certificativo a partir do vindeiro curso.
O 11 de xuño, os colexios e a Escola Oficial de Idiomas participarán na Gala de la Educación que se celebrará en el Teatro Real de Madrid, con motivo de la conmemoración do décimo aniversario do proxecto LÓVA en España. Será un encontro especial que lles permitirá amosar o esforzo realizado nestes anos e compartir experiencias educativas de aprendizaxe para a vida.
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por admin o Mar, 23/05/2017 - 13:18No DOG do día 2 de maio de 2018 pubícase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.
O prazo de solicitude remata o día 22 de xuño para todo o alumnado (aínda que hai alumnado da ESO que se vaia matricular en setembro ten que solictar os libros e/ou material neste prazo). Non se recollerán solicitudes fóra de prazo.
INFORMACIÓN RESUMIDA DO CENTRO
Máis información na páxina da Consellería no seguinte enlace:
RESUMO e GRANDE ÉXITO DA I FEIRA DENDE ARES CARA AO MUNDO
Enviado por admin o Lun, 22/05/2017 - 09:45No presente curso 2016/2017 dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado dando continuidade á formación do curso pasado “O traballo por proxectos” decidimos pór en práctica a elaboración dun proxecto de centro que parta da biblioteca escolar, e ao que denominamos: “Dende Ares cara ao mundo”.
O obxectivo principal foi elaborar un proxecto de centro conxunto e integralo no currículum, para levar a cabo isto recibimos formación sobre o traballo por proxectos e a súa avaliación.
A idea consiste que, dende a Biblioteca do centro, repartirase una Caixa informativa sobre cada país como punto de partida para o proxecto; país elixido por cada curso/nivel educativo, ben por ter alumnado dese país ou por afinidade.
Trataríase de aplicar a formación recibida o curso pasado, reflectir por escrito os elementos do currículum que se van traballar (estándares, competencias, contidos,…) e elaborar e aplicar métodos de avaliación.
Os países elixidos foron: Antártida, Brasil, Marrocos, China, Reino Unido, Australia, Portugal, Ucraína, Xapón, aínda que despois engadíronse algún máis como Italia e Holanda ( época renacentista), Perú, Suecia e EEUU (representación musical da ESO) que se traballaron ao longo do curso integrándoos no proxecto final.
Ao final de curso, e como produto final, pesamos levar a cabo unha feira:IFeira Dende Ares cara ao mundo.
A feira levouse a cabo o luns, 15 de maio de 2017, tal como estaba previsto e como se pode ver no seguinte vídeo:
Foi un traballo colaborativo no que participaron o alumnado, profesorado e o persoal non docente, e aberto ao público, en xeral, pola tarde. O alumnado de infantil e primaria que traballaron durante o curso todo o relativo a un país determinado fóron os que estiveron na Feira ensinando, amosando o seu traballo con tanta ledicia que foi para eles unha aventura impresionante, e para as familias, profesores e persoal non docente un orgullo de ver tanto talento. Tamén disfrutaron dos coñecementos expostos nos diferentes stands e das actividades realizadas neles. Foi un día, unha feira realmente impresionante en canto a aprendizaxe e o disfrute xeral.
Dende a Dirección queremos agradecer:
- O excelente traballo realizado polo profesorado e persoal non docente do centro así como deste gran alumnado que temos, eles o merecen, son os verdadeiros protagonistas do evento.
- Á Concellería de Turismo de Ares e á Anpa do centro por subvencionar a cubrición da pista do pavillón para poder realizar aí a feira.
- As mostras de cariño recibidas polas familias que se achegaron, tanto á feira como persoalmente ao profesorado e á Dirección!
- A todos os participantes pola colaboración con #UnhacuraparaAdri, no que se recadaron 601,97 euros (ingresados no banco)
- Ao CFR de Ferrol por animarmos neste proxecto .
- E cómo non, a Javier Cristobo que sempre está disposto a participar e colaborar co que se lle demanda en canto os seus amplos coñecementos sobre a Antártida.
PARABÉNS POR ESE DÍA QUE QUEDARÁ MARCADO NAS NOSAS E VOSAS MENTES!
CHEOS DE VIDA ASÍ ESTAMOS TRALOS ENSAIOS CON RAMÓN BERMEJO E A GRAVACIÓN CON GUADI GALEGO
Enviado por admin o Dom, 14/05/2017 - 11:22
O alumnado co CPI As Mirandas participou, o pasado día 11 de maio, na gravación nos
asteleiros de Navantia da canción "Chea de vida" da intérprete cedeiresa, Guadi Galego,
contando coa súa presenza e baixo a dirección de Ramón Bermejo.
Das tres gravacións realizadas neste simbólico espazo, a canción foi tamén
interpretada de forma simultánea en língua de signos por un grupo de
escolares do noso centro, saiu este vídeo que nos impulsa á celebración do Día das Letras Galegas.
Dende a Dirección queremos dar os PARABÉNS A TODOS OS ORGANIZADORES(CFR Ferrol) E
ESPECIALMENTE, AOS PARTICIPANTES QUE, GRAZAS AO SEU ESFORZO E
EXCELENTE TRABALLO , OFRECERANNOS UN VIDEOCLIP CHEO DE VIDA.
Esta experiencia contou cun gran número de alumnado (1055) pertencentes aos colexios A
Laxe,Pazos, Isaac Peral e Plurilingüe Jesús Maestro (os catro de Ferrol), Nicolás del Río de
Cedeira, Plurilingüe de Andrade (Pontedeume), San Isidro de Neda, Santiago Apóstolo
(Mugardos), As Mirandas (156 Ares) e San Sadurniño e os IES Canido e Saturnino Montojo de
Ferrol, Ortigueira, Terra de Trasancos (Narón), Mugardos, Alfonso X O Sabio de Cambre e o
IES Monelos da Coruña.
(Imaxe-reportaxe do Diario de Ferrol-12 de maio de 2017)
Imaxe publicada por Guadi Galego nas redes sociais
A gravación, moi ben organizada polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol,
dirixido por Manuel Losada coa colaboración,entre outros, do noso asesor José A.
Sordo, xurdiu a raíz do desenvolvemento dun curso de formación do profesorado
sobre os coros como actividade integradora para o alumnado. Resultou moi
emotiva, todo un éxito, permitiu crear un espazo de convivencia e unha
experiencia inolvidable para todos os participantes.
O obxectivo deste acto é resaltar a música galega estimulando a creación de coros
escolares nos centros educativos. Segundo cita Guadi Galego no Dirario de Ferrol:
“ moi necesaria tendo en conta como está o tema das artes na educación”. Salientou
tamén o acto como un apoio a un sector, o do naval, ao que probablemente estarán
vinculados familiares de moitos dos rapaces que onte, e por unhas horas, encheron
de vida a factoría ferrolá. “
Mentras non chega o día, podedes ver diferentes gravacións do evento nos seguintes
enlaces:
;
ENSAIOS PREVIOS NO NOSO CENTRO COA DIRECCIÓN DE RAMÓN BERMEJO
O día 9 de maio o alumnado de primaria e terceiro e cuarto da ESO reuníronse, baixo a dirección de
Ramón Bemejo, para ensaiar a canción "Chea de vida". O resultado podedes atopalo no seguinte vídeo (próximamente):
Máis información do eventos nos seguintes enlaces:
Xentileza de Marcos Filgueira Gomis
Publicado por Guadi:
Xornais:
- http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/uns-1000-alumnos-cantaran-guadi-galego-no-estaleiro-navantia/20170506003206188732.html
- http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/navantia-abre-hoy-puertas-coro-mil-alumnos-actividad-cfr-ferrol/20170510224508189209.html
- http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/reportaxe-mil-voces-unidas-cheas-vida/20170511221439189290.html
- http://www.diariodearousa.com/media/diariodearousa/kiosko/2017/05/12/20170512002247-22.pdf
- http://www.elcorreogallego.es/fotos/ecg/alumnos-ferrolterra-interpretan-nun-taller-navantia-chea-vida-guadi-galego/idGaleria-10107/idImagen-1/
- http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/no-corazon-musical-do-naval/idEdicion-2017-05-12/idNoticia-1054935/
Televisións:
Centros:
- https://www.edu.xunta.gal/centros/cpisansadurnino/node/1166
- http://biblospazos.blogspot.com.es/2017/05/e-por-fin-gravamos-chea-de-vida.html
- http://jmaestroferrol.blogspot.com.es/2017/05/ensaio-macrocoro.html
En redes sociais:
- https://www.youtube.com/watch?v=YEbFubGj53c
- https://www.facebook.com/lavozdegalicia/videos/10155238563925758/
- https://twitter.com/Ferrol360/status/862714120319238144
- https://www.facebook.com/Ferrol360/posts/1316894165045531
- https://www.facebook.com/culturactiva.scg/posts/802282266602424
- https://www.facebook.com/LinguaGalega/posts/1132839276821370
- https://www.facebook.com/andres.vizoso.7/posts/1728714500478740
- https://www.facebook.com/seispes/photos/a.265006973588006.64160.259924394096264/1376837995738226/?type=3&theater
- https://www.facebook.com/CulturaGalegaXunta/posts/1014506068681126
- https://www.facebook.com/valentin.garciagomez.7/posts/1354018824679469
- https://www.facebook.com/televisiondegalicia/posts/1397967463596490
E outos moitos ….
Zona de los archivos adjuntos
Vista previa del vídeo Coral: "Chea de vida". 11 Maio 2017 (Navantia-ferrol) de YouTube
PROCESO ADMISIÓN- LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2017-2018
Enviado por admin o Ven, 12/05/2017 - 09:01Publícanse a listas definitivas de admitidos para o curso 2017-2018 (Son as mesmas que as provisionais ao non haber reclamacións).
A formalización da matrícula terá lugar entre o 20 e 30 de xuño para o alumnado de Infantil e Primaria e entre o 25 de xuño e 10 de xullo para o alumnado de Secundaria.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- …
- seguinte ›
- última »