RESUMO e GRANDE ÉXITO DA I FEIRA DENDE ARES CARA AO MUNDO
No presente curso 2016/2017 dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado dando continuidade á formación do curso pasado “O traballo por proxectos” decidimos pór en práctica a elaboración dun proxecto de centro que parta da biblioteca escolar, e ao que denominamos: “Dende Ares cara ao mundo”.
O obxectivo principal foi elaborar un proxecto de centro conxunto e integralo no currículum, para levar a cabo isto recibimos formación sobre o traballo por proxectos e a súa avaliación.
A idea consiste que, dende a Biblioteca do centro, repartirase una Caixa informativa sobre cada país como punto de partida para o proxecto; país elixido por cada curso/nivel educativo, ben por ter alumnado dese país ou por afinidade.
Trataríase de aplicar a formación recibida o curso pasado, reflectir por escrito os elementos do currículum que se van traballar (estándares, competencias, contidos,…) e elaborar e aplicar métodos de avaliación.
Os países elixidos foron: Antártida, Brasil, Marrocos, China, Reino Unido, Australia, Portugal, Ucraína, Xapón, aínda que despois engadíronse algún máis como Italia e Holanda ( época renacentista), Perú, Suecia e EEUU (representación musical da ESO) que se traballaron ao longo do curso integrándoos no proxecto final.
Ao final de curso, e como produto final, pesamos levar a cabo unha feira:IFeira Dende Ares cara ao mundo.
A feira levouse a cabo o luns, 15 de maio de 2017, tal como estaba previsto e como se pode ver no seguinte vídeo:
Foi un traballo colaborativo no que participaron o alumnado, profesorado e o persoal non docente, e aberto ao público, en xeral, pola tarde. O alumnado de infantil e primaria que traballaron durante o curso todo o relativo a un país determinado fóron os que estiveron na Feira ensinando, amosando o seu traballo con tanta ledicia que foi para eles unha aventura impresionante, e para as familias, profesores e persoal non docente un orgullo de ver tanto talento. Tamén disfrutaron dos coñecementos expostos nos diferentes stands e das actividades realizadas neles. Foi un día, unha feira realmente impresionante en canto a aprendizaxe e o disfrute xeral.
Dende a Dirección queremos agradecer:
- O excelente traballo realizado polo profesorado e persoal non docente do centro así como deste gran alumnado que temos, eles o merecen, son os verdadeiros protagonistas do evento.
- Á Concellería de Turismo de Ares e á Anpa do centro por subvencionar a cubrición da pista do pavillón para poder realizar aí a feira.
- As mostras de cariño recibidas polas familias que se achegaron, tanto á feira como persoalmente ao profesorado e á Dirección!
- A todos os participantes pola colaboración con #UnhacuraparaAdri, no que se recadaron 601,97 euros (ingresados no banco)
- Ao CFR de Ferrol por animarmos neste proxecto .
- E cómo non, a Javier Cristobo que sempre está disposto a participar e colaborar co que se lle demanda en canto os seus amplos coñecementos sobre a Antártida.
PARABÉNS POR ESE DÍA QUE QUEDARÁ MARCADO NAS NOSAS E VOSAS MENTES!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
TRÍPTICO FEIRA TURÍSTICA.pdf | 1.57 MB |