CONCURSO "ENTENDO AS NUBES" DO PLAN PROXECTA METEOESCOLAS

Xa temos os 3 gañadores, dende a Dirección e a Coordinadora do Plan Proxecta Meteoescolas, Natalia Dopazo, queremos agradecer e felicitar aos gañadores e a todo o alumnado participante animándoos a seguir observando e entendendo as nubes.

  • Unha mar de nubes de  Antón Ares Iglesias de 1º EP-A

 

  • Nubes Ares de Sara Sotelo Barrón de 3º EP-B

 

  • Mirando o ceo  de Daniela Fuentes Rodríguez de 1º EP A

PARABÉNS!!

 

Estas serán as tres fotografías que enviaremos ao Concurso.

 

 

 

 

 

O alumnado do CPI As Mirandas vai participar no Concurso "Entendo as nubes " do Plan Proxecta Meteoescolas. Soamente podemos enviar 3 fotografías, polo que pregamos á comunidade educativa nos axuden a elixilas picando no seguinte enlace:

 

Grazas de antemán pola vosa colaboración.

PRESENTACIÓN DA I FEIRA DENDE ARES CARA AO MUNDO

I FEIRA “DENDE ARES CARA AO MUNDO”

         Durante o curso 2016-2017 o profesorado do CPI As Mirandas formou parte dun Plan de Formación (PFPP) iniciado o pasado curso baseado no Traballo por proxectos a través da Biblioteca, no que decidiuse elaborar un proxecto ao que denominamos: “Dende Ares cara ao mundo” .

        A idea consiste no estudo de diferentes países, elixido polo alumnado de cada curso ou nivel educativo relacionado co alumnado estranxeiro que hai no centro.

       O emprego de novas formas de aprendizaxe integradas dentro do currículo escolar ten como resultado final a Primeira Feira do CPI As Mirandas “Dende Ares cara ao mundo”.

       Esta metodoloxía implica a participación activa do alumnado que tivo que investigar, planificar, cooperar, en definitiva, un novo xeito de aprender onde o alumnado é o protagonista da súa propia aprendizaxe, contando co profesorado como guía no seu proceso e coa colaboración tamén do persoal non docente do centro.

 

Unha primeira exposición deste proxecto tivo lugar en febreiro co Desfile do Entroido :

 

 

O produto final será esta Feira que contará cos seguintes STANDS e PAÍSES NO PAVILLÓN MUNICIPAL

 

 ARES– CONCELLERÍA DE CULTURA E ANPA

 ANTÁRTIDA–eso

 AUSTRALIA– 1ºEP                                                                                 

 BRASIL– 4ºep

 CHINA-3ºep

 ISRAEL-relixión

 XAPÓN-2º epB

 MARRoCOS– 5º e 6º EP

 PORTUGAL– 4ºei

 REINO UNIDO 6º EI e 6º EP

 UCRAÍNA– 5º EI

 MÚSICAS DO MUNDO-ESO

 Lóva/MAIL ART– 2ºep- a

 

 BIBLIOTECA/rOBÓTICA

 

 

Esta Feira contará coa presencia do aresán Javier Cristobo, Director do Centro Oceanogáfico de Gijón, experimentado investigador da Antártida. Javier inaugurará a Feira e impartirá 2 charlas sobre o Continente Antártico e as súas experiencias nel.

Tamén se expoñerán os traballos do PROXECTO LÓVA, proxecto innovador neste centro cuxo obxectivo final  é a Creación duha Ópera como Veículo de Aprendizaxe, e o proxecto de MailArt.

Dentro dos eventos que se levarán a termo durante todo o día colaboraremos cunha Actividade solidaria #unhacuraparaAdri

  • Na caseta da Antártida haberá unha mesa na que por 1 € poderás apadriñar un pingüín dunha das pingüineiras da Antártida.

  • Tamén no noso Photocall, terás a posibilidade de quitar unha foto na que poderás elixir o lugar onde queres aparecer, dentro dos países representados nas casetas. O importe da foto que será de 1€ tamén será doado á causa #unhacuraparaAdri.

O horario será:

 Mañá………..10:30- 14:30h. (alumnado EI e EP do centro)

 Tarde………..16:00- 18:30h. (alumnado ESO do centro e público en xeral.)

 

ACTIVIDADES PARALELAS AOS STANDS E OBRADOIROS:

  • Inauguración oficial da Feira coas autoridades…………...........11:45h
  • Actuacións musicais do alumnado da ESO ........................ 11:00/ 13:00/ 17:00h
  • Actuación do alumnado de 6º de Primaria............................11:30/ 13:30/17:30h
  • Actuacións dos alumnos de Ed. Infantil e 1º de Primaria..... 12:15h/14:00/18:00h

 

CONVIDAMOS E ANIMAMOS A TODOS A PARTICIPAR NESTE GRAN EVENTO!

 

AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA EN XERAL,  Á ANPA, AO CONCELLEIRO DE

TURSIMO DE ARES, AO CFR DE FERROL E ESPECIALMENTE A JAVIER CRISTOBO.

PARABÉNS!!!! TANTO AO ALUMNADO DE 3º ESO B , A LUCÍA COUCEIRO POLO, ALUMNA DE 2º ESO E AO PROFESORADO DE MATEMÁTICAS

  • A Dirección do CPI As Mirandas felicita á alumna do noso centro, Lucía Couceiro Polo de 2º de ESO seleccionada  para a proba zonal da XIX Olimpiada Matemática Galega organizada por AGAPEMA e  premiada para participar na Proba Autonómica o vindeiro 18 de maio en Lugo.

     

    Parabéns, Lucía!

     

    Parabéns tamén á profesora de matemáticas, Belén Morón.

     

    Desexamoslle que disfrute do día e logre pasar á fase nacional.

  • III EDICIÓN DE MATEMÁTICAS NA RAIA

 A Dirección transmite os Parabéns!! a este equipo gañador, alumnado de 3º ESO B e profesorado de matemáticas deste centro e desexámoslles que disfruten do premio: "Unha fin de semana en Tui"con todos os gastos pagos, onde realizarán un “Encuentro Matemático” xunto ao equipo gañador de Portugal, e realizarán visitas turísticas e competicións amistosas entre eles. 

A profesora de matemáticas, María del Rosario Segura, confirma que este premio se debe  a unha gran

motivación e disfrute diario da materia por parte do seu alumnado.

 

 

AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocaron a terceira edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portugal) no que o noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3ºB participou o 20 de abril. Trátase dun concurso que fomenta o traballo colaborativo, pois os grupos equipos son grupos-clase completos.

IMG-20170501-WA0002.jpg

 

 

 

 

 

  • XIX OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA DE 2º DA ESO

 

Co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da resolución de problemas, AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) organiza unha nova edición da Olimpíada Matemática Galega para o alumnado de 2º da ESO. Un ano máis o noso centro toma parte nesta actividade coa participación de catro alumnos:

- Pablo Cartelle Filgueiras, de 2ºA

- Lucía Couceiro Polo, de 2º A

- Raúl Nogueras Anca, de 2ºA

- Martín Rodríguez Sanjuán, de 2ºB.

 A fase local tivo lugar o día 27 de abril no IES Canido (Ferrol) e desta fase sairán o 40 seleccionados de toda Galicia para participar na Fase Final Galega, que se celebrará o día 18 de maio na cidade de Lugo.

Moitas grazas ós alumnos e as súas familias por animarse a formar parte desta actividade, e tamén grazas ao IES Canido por tratarnos tan ben e por facerse cargo da organización da fase local.  

 

20170427_103652.jpg

20170427_130411.jpg

 

¡¡¡ Moita sorte rapaces !!! 

LISTAXES DAS AXUDAS PARA AS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LÍNGUAS ESTRANXEIRAS

Xúntanse as listaxes correspondentes ao disposto no artigo 15.1 da Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 27/02/2017).

Estas listaxes, así mesmo, atópanse publicadas na Web do Programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle)

 

 

LISTAXES DAS AXUDAS PARA AS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LÍNGUAS ESTRANXEIRAS

Xúntanse as listaxes correspondentes ao disposto no artigo 15.1 da Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 27/02/2017).

Estas listaxes, así mesmo, atópanse publicadas na Web do Programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle)

 

 

CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERANO PARA ALUMNADO DA ESO E BACHARELATO

A Dirección do CPI As Mirandas informa da Resolución de 23 de marzo de 2017, de la Secretaría General Técnica, por la que se publica el Convenio de colaboración con la Fundación Española para la Ciencia y Tecnología, para la organización de Campus Científicos de Verano para alumnos de Enseñanza Secundaria Obligatoria y Bachillerato.

  • OBXECTIVOS:  Potenciar  e estimular as capacidades do alumnado no ámbito científico.
  • DESTINATARIOS: Alumnado de 4º de ESO matriculado no presente curso escolar en BªeXª e Fca eQca, ou Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional con nota media no curso anterior igual ou superior a 8. 
  • Cada beneficiario participará nun proxecto de acercamento científico de 5 días de duración. Os solicitantes seleccionados deberán abonar, en concepto de matrícula, a cantidade de 80 euros.

           Durante a súa estancia nos Campus Científicos de Verano, os participantes terán unha toma de                  contacto coa experiencia investigadora a través da súa participación nun proxecto de                                      acercamento científico.

  • DURACIÓN PARA O ALUMNADO DE 4º DE ESO:
    •  Del 16 al 22 de julio. Primer turno de estudiantes.
    •  Del 23 al 29 de julio. Segundo turno de estudiantes.
  • LUGAR: En calquera das 32 universidades españolas que contan coa denominación de Campus de Excelencia Internacional.
  • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES : O formulario de solicitude será a través da páxina web:

         www. campuscientificos.es coa documentación esixida nas bases :

    • Autorización paterna para participar no proceso de selección –según modelo facilitado–
    • Certificación académica –según modelo facilitado
    • Fotocopia del DNI/NIF/Pasaporte.

Máis información no arquivo adxunto

IV CONCURSO DE RELATO CURTO- CONCELLO DE ARES

 A Concellería de Cultura, Educación e Deporte de Ares vén de convocar o IV Concurso de Relato Curto dirixido ao alumnado de ESO.

 

Toda a información nas imaxes anteriores e no seguinte díptico:

 ÁNIMO E A PARTICIPAR!!!

PARABÉNS A NOSA ALUMNA VERÓNICA!!!. GAÑADORA DO 1º CONCURSO DE RELATO CURTO:"MÚSICA, LÍNGUA E VALORES"

A Comunidade Educativa do CPI As Mirandas felicita á nosa alumna de 3º de ESO VERÓNICA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ por ser a gañadora por unanimidade  do 1ºPremio do  Concurso de Relato curto, organizado pol Asociación Nacional de Directores de Banda e a través da Banda Sinfónica Infantil e Xuvenil de Galicia, ao seu Relato "ELA", pola transmisión de valores, musicalidade do texto, reivindicación da liberdade e a amalgama de sentimentos que reflicte. 

O premio é especial e innovador: A organización encargará a un recoñecido compositor galego a musicalización do relato no formato “Narrador e Banda Sinfónica”. A partitura (máis o texto) editarase e será estreada pola Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia na súa vindeira xira 2017, no mes de agosto. Á gañadora convidarase a participar nos ensaios e concerto de presentación da obra; no que se lle fará entrega dun diploma así como de exemplares editados da mesma. A composición distribuirase para que poida ser interpretada por todas as bandas de Galicia.

PARABÉNS, VERÓNICA!!

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS DIRIXIDAS AO ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO

Pubícase a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

·         O prazo para a presentación de solicitudes será do 8 de febreiro ata o 7 de marzo (incluídos)

·         A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

 

 

 

CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA NO CPI AS MIRANDAS

O día 24 de febreiro celebrouse no CPI As Mirandas o "DÍA DE ROSALÍA" organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística e o equipo da Biblioteca do centro, dende a Dirección animamos a visitar o seguinte enlace onde se amosa o excelente  traballo feito polo profesorado e alumnado deste centro:

 

Distribuir contido