USO TERAPEUTICO DE PLANTAS MEDICINAIS
O uso das plantas na medicina tradicional remóntase á época prehistórica. Na actualidade, os seus principios activos son a base da maioría dos medicamentos que podemos obter na farmacia. Ademais, o uso de plantas medicinais como tratamento alternativo con fins preventivos e curativos é unha práctica que aumentou significativamente nos últimos anos.
Revisaremos as plantas medicinais máis usadas en España, lembrando que non por ser un "remedio natural" están exentas de efectos adversos. Revisaremos as formas de administración desde infusións tradicionais a cápsulas, comprimidos, formas de aplicación tópica...
A lexislación europea e española sobre medicamentos regula o uso medicinal das plantas co obxectivo de avaliar a súa calidade, eficacia e seguridade.
Destinatarios: alumnado de Xestión dos aproveitamentos forestais
Ponente: María Dolores Viña Castelao
Data: mércores 6 de abril ás 16:30 horas.