Skip to Content

Logos

                                                                                                                                                   

Charla Seguridad y Salud Laboral

Situación do mundo laboral do sector primario en materia de Seguridad Laboral.

Destinatarios: alumnado de Xestión dos Aproveitamentos do Medio Forestal.

Ponente: Martin Barrasa Rioja

Data: Mércores día 7 de Abril ás 16:30.

PRL no sector agrario. Campaña “A túa vida, sen voltas”

Publicamos o programa da Campaña “A túa vida, sen voltas”, PRL no sector agrario.

As actividade desenvolverase via web no CIFP Santiago o luns 22 e o mércores 24 de marzo.

 

 

Charla temática do programa A Ponte da USC

Apicultura: vivindo con abellas. Explícase cómo son e cómo traballan as abellas e cales son os produtos que nos achegan.

Destinatarios: Alumnado de Xestión dos aproveitamentos do medio forestal

Ponente: Teresa Rodríguez López

Data: 10 de marzo de 2021 ás 16:30

Foto de Ion Ceban @ionelceban en Pexels

 Foto de Ion Ceban @ionelceban en Pexels

8 de marzo, Día Internacional da Muller

Espazo público, xénero e liberdade

24/11/2020 16:30
24/11/2020 18:10

Actividade complementaria para o alumnado do ciclo superior de xestión  forestal e do medio natural por mor do 25N

 

 

 

DATA: martes 24 de noviembre de 2020

HORARIO: De 16:30 a 18:10 h.

LUGAR: Salón de actos do CEE MANUEL LÓPEZ NAVALÓN (ó lado do CIFP SANTIAGO)

A actividade consiste nun cinefórum:

  • Presentación orientativa previa ao visionado pola directora do filme: Xiana do Teixeiro
  • Emisión do filme documental "Tódalas mulleres que coñezo" concibido para a reflexión sobre o xénero, espazo público e violencias machistas, seleccionado e premiado en múltiples festivais
  • Diálogo colectivo contextualizado

Exposición REDE NATURA 2000

 

Lugar de exposición: CIFP SANTIAGO

Datas de exposición: Do 12 ao 23 de novembro 

Entidade colaboradora: CEIDA

A exposición consta de 12 paneis

A través desta exposición terás a posibilidade de coñecer a función, finalidade e  obxectivos da Rede Natura e dos espazos que a integran.

Nela atoparás a distribución das  ZEC e  ZEPA de Galicia, a súa tipoloxía e principais características, e as especies máis relevantes que nelas habitan. Tamén descubrirás os beneficios sociais que a Rede Natura 2000 achega á sociedade, baseados nos servizos dos ecosistemas, e a oportunidade que supón a conservación destes espazos para o desenvolvemento territorial, a conservación das actividades tradicionais e a xeración de emprego.

Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

INICIO CURSO 2020-2021

07/09/2020 09:27

O vindeiro mércores 23 de setembro terá lugar a presentación do curso 2020-2021 do ciclo superior de Xestión Forestal e do medio natural.

  Lugar: CIFP SANTIAGO
  Data: 23/09/2020
  

 

Para maior seguridade e en cumprimento das recomendacións sanitarias de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia a presentación realizarase en tres grupos:


Horario e aula:

Aula 0.7 (entrada pola porta principal)

  • 17:00 h.: Alumnado cuxa primeira letra do primeiro apelido empece por A ata a L

Aula 1.7 (entrada traseira primeiro andar)

  • 18:00 h.: Alumnado cuxa primeira letra do primeiro apelido empece por M ata a Z
  • 19:00 h.: Alumnado matriculado en FCT e PROXECTO

 

As clases empezarán o xoves 24 de setembro co seu horario normal que se achega como ficheiro adxunto.

*** Achéganse os seguintes arquivos:

  • Horario do ciclo
  • Calendario laboral e
  • Guía resumo das recomendacións sanitarias polo covid-19
  • Guía do alumnado 2020/21
  • Plan de adaptación á situación Covid 19
  • Declaración responsable alumnado

MATRÍCULA CURSO 2020-2021

 

 

Prazos período extraordinario:

 

  • Presentación de solicitudes de admisión: do 1 de setembro ás 9:00 ao 9 de setembro ás 13:00 horas.

  • Publicación da 1ª adxudicación (sobre as listaxes de espera do período ordinario): 2 de setembro

  • Matriculación 1ª adxudicación: do 2 de setenbro ás 9:00 horas ao 4 de setembro ás 13:00 horas
  • Publicación listaxe provisional de solicitudes: 11 de setembro
  • Reclamación á listaxe provisional: do 11 de setembro ás 9:00 horas ao 15 de setembro ás 13:00 horas
  • Publicación listaxe definitiva de solicitudes: 18 de setembro
  • Publicación da 2ª adxudicación: 18 de setembro
  • Matriculación 2ª adxudicación: do 18 de setembro ás 9:00 horas ao 22 de setembro ás 13:00 horas

 ** Data límite de matrícula das reservas en adultos: 14 de setembro ás 13:00 horas

PROBAS LIBRES

Publicouse con data 29 de maio de 2020 a convocatoria para o curso 2019-2020 de probas libres para a obtención de títulos LOE de FP :

·O período de presentación de solicitudes de matrícula será do día 1 ao 12 de xuño de 2020 ás 13:00 horas. 

 

·As probas realizaranse na primeira quincena do mes de setembro

 

 


.- Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:

  • sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.
  • ata un máximo de tres módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.

Achéganse como arquivos anexos:

  1. Resolución de 29 de maio de 2020 pola que se convocan as probas libres
  2. Solicitude de inscrición
Distribuir contido


by Dr. Radut