IMPORTANTE!!!!
Cambio na hora do exame de Defensa contra incendios forestais programado inicialmente para as 12:15, que pasa a ser as 16:30. Polo que o calendario de probas libres según os candidatos que se presentan queda da seguinte maneira:
O VINDEIRO 23 DE MARZO ÁS 9:00 ATA O DÍA 31 DE MAIO ÁS 13:00 HORAS: abre o plazo para a matrícula en plazas liberadas
Plazo de Matriculación probas libres: o día 14/05/2024 publicouse a listaxe definitiva cos admitidos e excluídos das probas libres 2023-2024. O plazo de matriculación está aberto dende o 14 de maio ás 9:00 horas ata o 21 de maio ás 13:00 horas
Importante: o día 6/05/2024 publicouse o listaxe provisional de solicitudes a probas libres cos admitidos e excluídos. O plazo de reclamación contra a listaxe provisional e dende o 6 de maio ás 9:00 ata o 8 de maio ás 13:00 horas.
Está publicada na web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a información para matricularse nas probas libres.
- O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte(período ordinario): do 17 de abril ás 9:00h ata 30 de abril de 2024 as 13:00 h.
- O período de presentación de solicitudes de matrícula será do 14 de maio ás 9:00 horas ao 21 de maio ata as 13:00 horas no centro no que teña a praza adxudicada.
- O período de presentación de solicitudes de matrícula de prazas liberadas será do 23 de maio ás 9.00 horas ata o 31 de maio do 2024 ás 13:00 horas.
*Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:
- sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculados neles no curso académico de realización da proba.
- ata un máximo de tres módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.
*O período de presentación de solicitudes de matrícula neste caso será do 23 de maio ás 9:00 horas ao 31 de maio de 2024 ás 13:00 horas.
Máis información:
https://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual
Achegánse como arquivos anexos:
- Calendario solicitudes e matrículas de probas libres.
- Solicitudes de admisión (vía web) e de matrícula en prazas adxudicadas e en prazas liberadas
-
Programación dos módulos (14 módulos)
- Calendario fechas exames probas libres.