Skip to Content

Logos

                                                                                                                                                   

Taboleiro de anuncios

DATAS EXAMES FINAIS XUÑO 24

Información sobre presentación de recurso de reposición de bolsas de estudo do curso 2022/2023

Información sobre presentación de recurso de reposición de bolsas de estudo do curso 2022/2023, convocatoria xeral, para aqueles/as alumnos/as que non aparezan nas listaxes definitivas, lles fora denegada a bolsa ou non estean dacordo coa contía.

Todos eles/as teñen aberta a posibilidade interpoñer o devandito recurso. 

 

Nota: achegase arquivo para poder activar os enlaces da imaxe

Información sobre presentación de recurso de reposición de bolsas de estudo do curso 2022/2023

convocatoria de bolsas do MEFP para o curso 2023/24

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

 

Prazo de solicitudes para o curso 2023/24: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.

 

Procedemento exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFP: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

 

Premios extraordinarios de Formación Profesional de grado superior

Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2021/22

 

Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

 

a) Ter cursado estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2021/22 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ter rematado os seus estudos no ano 2022.

 

b) Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50, nos termos establecidos na normativa vixente. Esta cualificación expresarase con dúas cifras decimais, redondeada á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.

 

c) Non ter a condición de persoal docente que desenvolva ou desenvolvese a súa actividade laboral na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades nos tres anos anteriores a esta convocatoria. 

 

Achégase arquivo da convocatoria publicada no DOG de data 20.03.2023

Información sobre grados da USC - PROGRAMA PONTE

O programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, achega información para o estudantado, especialmente ao que estea interesado en acceder á Universidade.

 

Do 16 ao 21 de xuño terán lugar os Encontros Virtuais da USC a través da páxina:

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

 

Estes días iran actualizando os horarios das Videoconferencias para que os estudantes poidan comunicarse co profesorado e estudantado dos graos da súa preferencia.

 

O día 16 de xuño terá lugar no Auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo o Acto de Recoñecemento da USC aos Mellores Expedientes de Ciclos Formativos de Grao Superior que se presenten ás ABAU e que teñan unha nota media de sobresaliente no seu expediente

https://www.usc.gal/gl/servizos/area/xestion-servizos-academicos/acceso-universidade/programa-ponte/acto-reconecemento-mellores-expedientes

 

** Achéganse documentos de información sobre os graos da USC

 

 

ANUNCIO DE CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS

Achégase anuncio da Comunidade de Navarra na que se convocan 29 prazas de garda de medio ambiente

BECAS EUROLINGUA

Convocatoria das Becas Eurolingua

A web do Portal Educativo da Xunta de Galicia, ven de publicar a 10ª Convocatoria das Becas Eurolingua.

Estes cursos que están becados ao 100%, constan de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído, dirixido a estudiantes de Secundaria, Ciclos e Universidade. 

Poden consultar toda a información da convocatoria picando nesta ligazón: Becas Eurolingua. 

O programa está becado ao 100% e inclúe:

    • Programa de 20 clases de inglés semanais.

    • Material didáctico.

    • Aloxamento en familias seleccionadas e residencia.

    • Programa de actividades culturais, visitas e excursións.

    • Certificado de aproveitamente do curso expedido polo colegio.

    • Teléfono de emerxencia 24hr.  

Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.

Os requisitos para solicitar a bolsa son:

    • Idade mínima 14 anos.

    • Media académica de polo menos 6 puntos.

  • Estar matriculado neste curso nalgún destes estudios: ESO, Bachillerato, Ciclos  Formativos ou Universidade (masters e doutoramentos incluídos).

    • Ter nacionalidade de calqueira país da UE.

 

O prazo de solicitude para esta beca finaliza o 19 de abril. 

 

Maí información PREME AQUÍ

Listaxe provisional solicitantes axudas FCT

No arquivo adxunto achégase a listaxe de solicitantes de axudas para a realización da formación en centros de traballo.

Ábrese un prazo de dez días naturais para a presentación de reclamacións por parte das persoas solicitantes

Distribuir contido


by Dr. Radut