Skip to Content

Logos

                                                                                                                                                   

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓNS FINAL DE CURSO

14/05/2020 12:59

 

Achéganse nos arquivos adxuntos as adaptacións das programacións dos distintos módulos

 

INSTRUCIÓNS A SEGUIR PARA O SEGUEMENTO E AVALIACIÓN FINAL DO CURSO 2019/20

 

COMUNICADO DO EQUIPO DIRECTIVO DO CENTRO COAS INSTRUCIÓNS A SEGUIR PARA O SEGUEMENTO E AVALIACIÓN FINAL DO CURSO 2019/20 DO C.S. DE XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL 

 

 

Seguindo as sucesivas instrucións indicadas pola consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e tendo en conta en concreto as do 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre, infórmase do seguinte:

O centro segue co desenvolvemento da actividade lectiva e de avaliación non presencial neste terceiro trimestre propoñendo actividades de recuperación e reforzo dos contidos esenciais coa finalidade de dispoñer de elementos suficientes de avaliación do alumnado. Así mesmo, foise avanzando nos contidos dos diferentes módulos formativos para que acadedes os máximos coñecementos posibles de cara á vosa cualificación.

A situación existente obriga a unha adaptación da programación didáctica na que se fixan as competencias imprescindibles, os instrumentos e criterios de avaliación así como as características das actividades desenvolvidas neste terceiro trimestre.

Así mesmo, estableceuse o seguimento do alumnado polas canles de comunicación establecidas de cara a obter información da vosa situación e actuar en cada caso para facilitarvos o seguemento do curso.

Por todo elo, establécense as seguintes instrucións :

1- Non vai haber 3ª avaliación. A avaliación final establecerase tendo en conta os resultados da 1ª e 2ª avaliación. As actividades desenvolvidas neste período servirán para a recuperación de materia non superada. As actividades telemáticas propostas mediante probas, traballos e outras tarefas terán esa finalidade e a vosa participación e cumprimento das actividades de recuperación contará para a avaliación final nos termos que se determinen para cada módulo formativo.

2.- Así mesmo, a participación do alumnado no avance de materia que poida facerse para cada módulo formativo tamén se terá en conta, neste caso para mellora da nota final, segundo se determine para cada módulo formativo. Deste xeito valórase o esforzo de participación do alumnado no seguemento do curso.

3.-Establécese o día 5 de xuño como último día de entrega de tarefas de reforzo, recuperación e avance da materia.

4.- Fíxase a semana do 8 ao 12 de xuño, para a realización das probas finais de recuperación (se fose o caso) que propoña o profesorado para cada módulo formativo.

5.- Para o alumnado con situación de perda de dereito da avaliación continua antes da interrupción das actividades presenciais.

5.1- Ten o dereito a unha proba de avaliación final que se fará atendendo obrigatoriamente aos contidos da 1ª e 2ª avaliación. Os contidos avanzados do terceiro trimestre que se puideran engadir, contarán únicamente como mellora da nota final.

5.2.- Este alumnado ten a posibilidade, si así o desexa, de participar nas tarefas de ampliación e reforzo establecidas neste período. Para isto deberá poñerse en contacto co profesorado correspondente a través dos seguintes correos electrónicos:

engrobasal@gmail.com

rialbudi@gmail.com

ardiaznunez@gmail.com

docecaruncho@edu.xunta.es

5.3.- A proba final de avaliación será previsiblemente telemática.

5.4.- A proba poderá consistir nun traballo, supostos prácticos, preguntas curtas ou tipo test segundo se determine para cada módulo formativo.

5.5.- Establécese a semana do 15 ao 19 de xuño para a realización destas probas.

 

 

 

PROBAS LIBRES. Aprazamento do proceso de admisión

 

Queda aprazado o proceso de admisión das probas libres para a obtención dos títulos LOE de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional.

 

En función da evolución da pandemia causada por Covid-19 publicarase, con antelación suficiente, o calendario de admisión para as probas libres correspondentes ao curso 2019-2020.

INICIO CURSO 2019-2020

 Resultado de imagen de curso 2019-2020

 

O vindeiro luns 16 de setembro terá lugar a presentación do curso 2019-2020 do ciclo superior de Xestión Forestal e do Medio natural

Lugar: CIFP SANTIAGO: Aula 0.7.
Data: 17/09/2018
Hora: 17:00 h

Unha vez rematada a presentación se reunirán os profesores do ciclo co alumnado matriculado en: Formación en centros de traballo e Proxecto de xestión forestal e conservación do medio.

*** Achégase tríptico informativo do contido do ciclo e a guía do alumnado

FIN DE CURSO E ENTREGA DE NOTAS

 

Resultado de imagen de fin de curso y entrega de notas

 

O 21 de xuño rematan os exames finais e probas libres

O 24 de xuño:

  • Ás 13:00 h.: avaliación final
  • Ás 16:30 h.: entrega de notas

Do 25 ao 26 de xuño: periodo de reclamacións

No arquivo que se achega tedes as datas dos exames finais

Nota: A partir do día 1 de xullo o centro so abrirá polas mañás e o horario de atención ao público é de 9:00 a 14:00 h.

 

 

Charla sobre la determinación de existencias maderables en volumen y en peso

26/04/2019

Denominación: "Determinación de existencias maderables en volumen y en peso"

Data: 26 de abril de 2019

Hora: 16:30 h

Duración aproximada: 1 hora

Lugar: CIFP SANTIAGO (Aula 1.7)

Relator: Guillermo Riesco Muñoz (profesor da escola politécnica superior de enxeñaría da USC, campus Lugo)

 

Resumo da charla: Preséntanse as principais técnicas existentes para determinar con precisión o volume de madeira que ten o arboledo en pé, con algunha indicación sobre instrumentos de medición e métodos estatísticos. Defínese o concepto de densidade da madeira e coméntanse algúns factores que inflúen na mesma, para finalmente expoñer o cálculo necesario para pasar de volumes de madeira a toneladas.

PROXECTO RÍOS CON ADEGA

29/04/2019 16:30
29/04/2019 19:30

Data: luns 29 de abril de 2019

Hora: 16:30 h.

Punto de encontro: Igrexa do Carme de abaixo, situada en R/Carme de abaixo, 2. 15708 Santiago de Compostela (Coordenadas: DP-7803, 59)

Duración aproximada: 3 horas ( a partir das 19:00 h haberá clase normal)

Módulo: Xestión da pesca continental

Destinatarios: todo o alumnado do ciclo

 

Resumo: A actividade farase a proposta do profesor do módulo (Antonio R. Díaz Núñez) xunto coa Asociación Ecoloxista ADEGA.

O obxectivo é proporcionar ao alumnado coñecementos sobre ecoloxía do medio fluvial e lacustre.

No río Sarela realizarase unha inspección do estado do río con especial atención á fauna e á flora como bioindicadores, coa finalidade de aprender a clasificar o estado do medio acuático.

Esta actividade complementa as unidades sobre medio físico, ecosistemas, flora e fauna e permite un contacto con responsables dun proxecto de conservación do devandito medio

 

Charla sobre a reciclaxe de plástico

23/04/2019 16:30
23/04/2019 18:10

 

Data: martes 23 de abril

Hora: 16:30 h - 18:10 h

Lugar: Aula 0.7

Ponente: Manuel Lamas Barral (Técnico comercial de TYRMA)

 

A charla será en horario de clase para todo o alumnado do ciclo

TROCO2- Actividade de formación

09/04/2019 16:30
09/04/2019 18:10

 

 Contidos da actividade formativa: consta de dúas partes:

1ª parte: Pegada de Carbono. Nesta parte explícase e fórmase ao alumnado para calcular o seu impacto ambiental a través do indicador de Pegada de Carbono.

          • 2ª parte: Sumidoiros de Carbono. Aquí explícase que é un sumidoiro de carbono, como inscribilo como tal no Proxecto TROCO2, e aproveitar así a multifuncionalidad do monte mediante a venda de bonos de carbono. Detállanse os requisitos e fórmase ao alumnado no manexo da ferramenta de cálculo de absorción de CO2.  

Duración aproximada: dúas horas

Ponente: Alba María Devesa Fernández (TSUP Proy AGSA-MAPI - A Coruña)

Aula: 1.7

Destinatarios: alumnado do ciclo superior de xestión forestal e do medio natural

Trala actividade preténdese que o alumnado estea en disposición de poder calcular a pegada de Carbono dunha organización ou entidade e determinar os cálculos para establecer o sumidoiro de carbono

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut