Skip to Content

Logos

                                                                                                                                                   

VISITA POLAS BRAÑAS DE SAR

18/12/2018 16:30
18/12/2018 19:00

Debido ás condicións metereolóxicas, suspéndese a Visita ás Brañas do Sar.

Haberá clase normal

 

Data: 18 de decembro de 2018

Horario: De 16:30 a 19:00 h. aprox.

Punto de encuentro: Calle de ordes (detrás dos edificios) amplio aparcamento. Coordenadas 42°52'02.3"N 8°32'34.0"W

Fará de guía o alumno Darío Lado Vila. Esta visita forma parte do seu proxecto de fin de ciclo.

Actividade propia do módulo de Técnicas de Educación ambiental impartido pola profesora Marina Engroba Sal

Actividade de interese para todo o alumnado do ciclo

 

 

XORNADA DE RECOLECCIÓN E IDENTIFICACIÓN DE COGUMELOS

22/11/2018 16:30
22/11/2018 19:50

 

 

Actividade complementaria proposta polo profesor do módulo de xestión dos aproveitamentos do medio forestal de interese para todo o alumnado e profesorado do ciclo superior de Xestión forestal e do medio natural.

Lugar de encontro: CIFP SANTIAGO

Hora de inicio: 16:30 h

Hora de finalización: 19:50 h

Ponente: Jaime Blanco Dios

 

Os asistentes deberán levar calzado cómodo, navalla e cesto.

Calendario escolar 2018-2019

 
 
Adxuntase en arquivo adxunto o calendario escolar correspondente ao curso 2018-2019.
 
Este calendaro foi aprobado por "ORDE do 28 de maio de 2018 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia"
 
A citada Orde publicouse no DOG o venres 8 de xuño de 2018

Visita CEIDA en Santa Cruz de Oleiros e Costa Dexo-Serantes

15/05/2018 21:15

 

Data: venres 18 de maio

Hora: de 10:30 a 20:00 h aprox.

Saída en bus dende o centro as 10:30 h.

Lugar: CEIDA (Santa Cruz de Oleiros) e Costa Dexo - Serantes

Destinatarios: alumnos do ciclo superior de xestión forestal e do medio natural
Acompañante: Marina Engroba Sal

Os interesados/as en participar nesta actividade complementaria e que non estean aínda apuntados poden facelo contactando coa profesora (Marina) ou ben contactando co centro contestando este mail o polo medio que consideren máis conveniente.

Listaxe provisional de solicitudes. Período extraordinario

Xa podes consultar a listaxe no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7293

Período extraordinario de admisión


  • Publicación da 1ª relación de admitidos/as*: o día 4 de setembro de 2017
  • Matriculación da 1ª adxudicación: desde o día 4 ata as 13:00h do día 7 de setembro de 2017.
  • Presentación de solicitudes: entre o 1 e as 13:00h do día 8 de setembro de 2017.
  • Publicación da listaxe provisional de solicitudes: o día 13 de setembro de 2017.
  • Reclamacións contra a listaxes provisional: entre o día 13 e as 13:00h do día 15 de setembro de 2017.
  • Publicación da listaxe definitiva de solicitudes: o día 20 de setembro de 2017.
  • Publicación da 2ª relación de admitidos/as: o día 20 de setembro de 2017
  • Matriculación 2ª adxudicación: desde o día 20 ata as 13:00h do día 22 de setembro de 2017.

*Nota: a primeira adxudicación extraordinaria realizarase sobre as listaxes de espera do período ordinario.

 

ADMISIÓN A CICLO DE GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2017-2018

20/06/2017 20:07

Remítese enlace da páxina de Educación en relación a apertura dos prazos de matrícula:

http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7161

 

O prazo para presentación de solicitudes comeza o 26 de xuño e remata o 4 de xullo as 13:00 h.

Achéganse como anexos a esta entrada as instruccións, os prazos e a solicitude en pdf

CHARLA DE CENSOS CINEXÉTICOS

23/05/2024 20:00
23/05/2024 21:30

PRINCIPAIS TEMAS A TRATAR DA XESTIÓN CINEXÉTICA (AVALIACIÓN DE POBOACIÓNS)

 Situación actual da caza en Galicia.

 Inventario cinexético:

  1. Obxectivos.
  2. Planificación do censo.
  3. Métodos de censo para especies de caza menor. 
  4. Métodos de censo para especies de caza maior.

 Proxectos de seguimento e xestión nos que colabora a “Federación Galega de Caza” (FGC): 

  • “Observatorio Cinegético” (Dinámica poblacional de especies residentes, censos nocturnos, aves migratorias estivales, caza mayor y aves migratorias invernantes) con “Fundación Artemisan”.
  • “Proxecto ARCEA” (Estudo e xestión da poboación de arcea (Scolopax rusticola) en Galicia) coa “Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático”. 
  • “Proyecto COTURNIX” (Seguimiento y gestión sostenible de la codorniz (Coturnix coturnix) en España) con “Fundación Artemisan”. 
  • “Proyecto ZORZALES” (Monitorización, seguimiento y gestión de zorzales en España) con “Fundación Artemisan”.

 Resultados dos censos e correspondentes medidas de xestión cinexéticas.

Data: XOVES 23

Lugar: CIFP SANTIAGO. 

Hora: 20:00 h.

Destinatarios: Alumnos do módulo Xestión cinexética

Ponentes: persoal pertencente a federación galega de caza

Asistencia a II CONGRESO INTERNACIONAL DE INCENDIOS FORESTALES

28/11/2023 15:00
28/11/2023 19:00

Asistiremos o día 28 ao II CONGRESO INTERNACIONAL DE INCENDIOS FORESTALES.

Dita visita faise co fin de ver un simulacro de extinción no que haberá un ataque combinado de: 

  • Medios aéreos.
  • Medios terrestres

Para a defensa dunha vivenda illada e maniobras de autoprotección.

Horario saída: 15:00 h. Solicítase a maior puntualidade posible aos participantes

Horario chegada: aproximadamente as 19:00 h.

Punto de encontro: CIFP SANTIAGO, dende aquí sairá un bus para realizar a visita e voltará de regreso no horario citado.

Lugar de realización do congreso: Recinto Ferial de Silleda

Destinatarios: Alumnado do módulo DEFENSA CONTRA INCENCIOS

BECAS EUROLINGUA

Convocatoria das Becas Eurolingua

A web do Portal Educativo da Xunta de Galicia, ven de publicar a 10ª Convocatoria das Becas Eurolingua.

Estes cursos que están becados ao 100%, constan de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído, dirixido a estudiantes de Secundaria, Ciclos e Universidade. 

Poden consultar toda a información da convocatoria picando nesta ligazón: Becas Eurolingua. 

O programa está becado ao 100% e inclúe:

    • Programa de 20 clases de inglés semanais.

    • Material didáctico.

    • Aloxamento en familias seleccionadas e residencia.

    • Programa de actividades culturais, visitas e excursións.

    • Certificado de aproveitamente do curso expedido polo colegio.

    • Teléfono de emerxencia 24hr.  

Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.

Os requisitos para solicitar a bolsa son:

    • Idade mínima 14 anos.

    • Media académica de polo menos 6 puntos.

  • Estar matriculado neste curso nalgún destes estudios: ESO, Bachillerato, Ciclos  Formativos ou Universidade (masters e doutoramentos incluídos).

    • Ter nacionalidade de calqueira país da UE.

 

O prazo de solicitude para esta beca finaliza o 19 de abril. 

 

Maí información PREME AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut