Charla temática do programa A Ponte da USC.
PLANIFICACION AMBIENTAL DAS PAISAXES RURAIS
As paisaxes rurais son o resultado da interacción entre actividades humanas (agricultura, gandaría…) e o medio ambiente. En moitos casos, caracterízanse por unha alta diversidade ecolóxica e capacidade de provisión de servizos ambientais. Aínda así, a súa dinámica actual vese ameazada por mudanzas aceleradas no uso dos recursos naturais e dos modos de vida nas áreas rurais. Nesta charla veremos un repaso histórico do desenvolvemento das paisaxes rurais, a súa importancia na conservación da biodiversidade e outros valores ambientais, así como propostas para a súa planificación e ordenación.
Destinatarios: Alumnado de Técnicas de Educación Ambiental.
Ponente: Emilio Rafael Díaz Varela.
Data: xoves 17 de Febreiro ás 19:50.