A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de convocar un proxecto de mobilidades Erasmus+ con código ES01-KA131-HED-000064182. Este proxecto está enfocado a persoal de ciclos de grao superior para realizar movilidades de formación no estranxeiro.
Fases de presentación de solicitudes
Prazos
Resolución da convocatoria
09 de xaneiro de 2024
Presentación de solicitudes (anexo II)
Do 12 ao 19 de xaneiro de 2024
Reunión da comisión avaliadora
Do 22 ao 24 de xaneiro de 2024
Acta provisional de admitidos/excluídos
25 de xaneiro de 2024
Reclamacións
Do 26 ao 28 de xaneiro de 2024
Acta definitiva de admitidos/excluídos
29 de xaneiro de 2024
Envío de documentación á Consellería:
Solicitudes (Anexo II)
Méritos
Certificado de titularidade bancaria
Folla de cálculo
De ser o caso, compromiso de viaxe ecolóxica
Do 20 xan. ao 5 de febreiro
As solicitudes (anexo II) e os méritospoderán ser recollidos e serán entregados, unha vez cubertas, na secretaría do centro.
A continuación, achéganse unha serie de documentos anexos con información de interese sobre esta convocatoria.
No caso de dúbidas ou preguntas, contactar co coordinador a través do seguinte correo electrónico: programas.internacionais.cifp.vilamarin@edu.xunta.gal
Na xornada do pasado 15 de decembro, o equipo Erasmus do centro, experimentou unha gran sesión formativa na que recibiron valiosos consellos sobre como acreditar a carta Erasmus+ e como solicitar o noso proxecto Erasmus.
Continuamos de cara ás próximas sesións con moito entuasiasmo e ganas para realizar un proxecto integrado, amplio e que cubra as expectativas pretendidas!
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de convocar un proxecto de mobilidades Erasmus+ con código 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242. Este proxecto está enfocado a alumnado e persoal de ciclos de grao básico e medio para realizar prácticas ou formación no estranxeiro.
Fases de presentación de solicitudes
Prazos
Resolución da convocatoria
10 de novembro de 2023
Presentación de solicitudes
Do 15 ao 22 de novembro de 2023
Entrevistas persoais ao alumnado e persoal interesado
Do 27 ao 29 de novembro de 2023
Acta provisional de admitidos/excluídos
30 de novembro de 2023
Reclamacións
Do 1 ao 3 de decembro de 2023
Acta definitiva de admitidos/excluídos
4 de decembro de 2023
Envío de documentación á Consellería:
Solicitudes (Anexo II)
Certificado de titularidade bancaria
Folla de cálculo
De ser o caso, compromiso de viaxe ecolóxica
Do 4 ao 9 de decembro
As solicitudes (anexo II)poderán ser recollidas e serán entregadas, unha vez cubertas, na secretaría do centro.
A continuación, achéganse unha serie de documentos anexos con información de interese sobre esta convocatoria.
No caso de dúbidas ou preguntas, contactar co coordinador a través do seguinte correo electrónico: programas.internacionais.cifp.vilamarin@edu.xunta.gal
Anéxanse a seguir os criterios de baremación para as entrevistas de selección do persoal participante nos proxectos de mobilidades convocados xa publicados no taboleiro do centro.
Como sabedes, esta mañá estivo no centro Natalia Álvarez Pereiro de TRIBE NL. Tal e como prometido, nesta ligazón atoparedes a súa presentación con máis detalles para quen estea interesad@.