Skip to Content

      

Presentación

Presentación

 

 

Benvido/da a CIFP de Vilamarín.

 

O CIFP de Vilamarín é un centro de titularidade pública que imparte estudos Formación Profesional, está situado no entorno rural do concello de Vilamarín, a 18 km da cidade das Búrgas. A súa construción data de 1978. Comezou a funcionar como Centro de Formación Profesional das familias de Hostalaría e Turismo e Agraria no curso 1988/89, con servizo de Residencia para alumnado masculino, segundo foi pasando o tempo, o centro foi medrando e adaptándose ao ritmo das distintas Leis de educación, no ano 2000 a residencia pasou a ser mixta.

Información xeral do CIFP

 

Na actualidade o centro educativo oferta ciclos das familias profesionais de Hostalaría Turismo, Industrias Alimentarias e Agraria. O CIFP de Vilamarín é un centro educativo rural sito na vila de Vilamarín que presenta unha oferta educativa centrada solo na formación profesional e forma parte desde agosto de 2023 á rede de CIFP de Galicia, regulados polo Decreto 266/2007, do 28 de setembro.

 

Cada día acolle a uns 250 alumnos e alumnas e 56 docentes que se reparten entre os diferentes ciclos das familias de Industrias Alimentarias, Hostalaría e Turismo e Agraria, en tres niveis educativos, superior, medio e básico, distribuídos nas modalidades de ordinario, modular ordinario, modular distancia e dual. Ademais compartimos co Portovello o ciclo de Produción e Comercio.

 

Asemade, o centro tamén xestiona procedementos relacionados coa acreditación de competencias profesionais, probas libres e accións formativas para desempregados en colaboración co servizo de emprego, que fan do CIFP de Vilamarín un dos centros educativos de maior relevancia dentro da especialidade da Hostalaría e o Turismo da provincia de Ourense.

 

No curso 2023- 24 xurde o departamento de Calidade e Innovación do CIFP de Vilamarín, que se configura dentro da área de Calidade, innovación e orientación profesional do centro educativo, tal como recolle o Regulamento Orgánico de Centros Integrados de Formación Profesional (ROC) regulado no Decreto 77/2011, do 7 de abril, Decreto que se desenvolve na ORDE do 29 de xullo de 2011.

 

O feito de estar integrados nesta rede leva aparellado que o centro educativo terá auditorías de seguimento dos requisitos precisos para a consecución de unha Certificación de Calidade segundo a norma UNE-EN-ISO 9001.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


     

     

      

 

     

by Dr. Radut