O Departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL) do Centro Educativo CIFP de Vilamarín está dirixido pola Xefa de Departamento, Olga Painceira Pita, coa colaboración das profesoras Ana María Feijoo González e Paz Senande Trabazo durante o curso académico 2023/2024. Este equipo traballa con dedicación para ofrecer unha formación de calidade no ámbito de FOL á nosa comunidade educativa. Entre as funcións principais deste departamento destacamos:
- Impartir docencia dos módulos asignados á especialidade de FOL en todos os Ciclos Formativos, tanto de grao medio como de grao superior.
- Informar e orientar aos usuarios para facilitar o acceso, mobilidade e progreso nos itinerarios formativos e profesionais.
- Fomentar o espírito emprendedor entre os estudantes.
- Promover a formación en cidadanía, prevención de riscos laborais, educación ambiental, e igualdade de xénero.
- Cooperar coa contorna produtiva do Centro.
Obxectivos de Formación:
Formación e Orientación Laboral:
- Seleccionar oportunidades de emprego e alternativas de aprendizaxe.
- Aplicar estratexias de traballo en equipo.
- Exercer dereitos e obrigacións laborais.
- Determinar a acción protectora do sistema da Seguridade Social.
- Avaliar riscos laborais e participar na elaboración de plans de prevención.
Empresa e Iniciativa Emprendedora:
- Recoñecer capacidades emprendedoras.
- Definir oportunidades para crear pequenas empresas.
- Realizar actividades para a constitución e xestión de empresas.
- Xestionar administración e finanzas básicas dunha pequena empresa.
- Definir a inserción no mercado laboral como traballador autónomo.
As materias de Formación e Orientación Laboral (FOL) e Empresa e Iniciativa Emprendedora (EIE) impártense nos seguintes ciclos e módulos:
|
Ciclos Superiores de Formación Profesional
|
Curso
|
Ciclo de Formación Profesional
|
Módulo
|
Profesor/a responsable
|
1º
|
Dirección de Cociña
|
Formación e Orientación Laboral
|
Olga Painceira Pita
|
2º
|
Dirección de Cociña
|
Empresa e Iniciativa
Emprendedora
|
Ana María Feijoo
|
1º
|
Dirección de Servizos de Restauración
|
Formación e Orientación Laboral
|
Olga Painceira Pita
|
2º
|
Dirección de Servizos de Restauración
|
Empresa e Iniciativa Emprendedora
|
Paz Senande Trabazo
|
1º
|
Xestión de Aloxamentos Turísticos
|
Formación e Orientación Laboral
|
Olga Painceira Pita
|
1º
|
Xestión de Aloxamentos Turísticos – Retorna
|
Formación e Orientación Laboral
|
Paz Senande Trabazo
|
Ciclos Medios de Formación Profesional
|
Curso
|
Ciclo de Formación Profesional
|
Módulo
|
Profesor/a responsable
|
2º
|
Cociña e Gstronomía - Mañá
|
Empresa e Iniciativa Emprendedora
|
Ana María Feijoo González
|
1º
|
Cociña e Gastronomía - Tarde
|
Formación e Orientación Laboral
|
Paz Senande Trabazo
|
2º
|
Cociña e Gastronomía - Tarde
|
Empresa e Iniciativa Emprendedora
|
Paz Senande Trabazo
|
1º
|
Servicios en Restauración
|
Formación e Orientación Laboral
|
Ana María Feijoo González
|
2º
|
Servizos en Restauración
|
Empresa e Iniciativa Emprendedora
|
Ana María Feijoo González
|
1º
|
Panadaría, Repostaría e Confeitaría
|
Formación e Orientación Laboral
|
Ana María Feijoo González
|
2º
|
Panadaría, Repostaría e Confeitaría
|
Empresa e Iniciativa Emprendedora
|
Ana María Feijoo González
|
O módulo de FOL está deseñado para proporcionar aos estudantes unha formación técnica e práctica sólida en formación e orientación laboral, adaptándose ás súas necesidades e favorecendo a adquisición de competencias. Estimúlanse o descubrimento, a investigación e o espírito emprendedor mediante estratexias de resolución de problemas, Traballo Cooperativo, Aprendizaxe Baseado en Proxectos e gamificación. Ademais, as tecnoloxías da información e da comunicación (TICs) úsanse habitualmente para apoiar este proceso.
|