O departamento de idiomas, no tocante ao módulo de lingua estranxeira profesional inglés, do Centro Educativo CIFP de Vilamarín está liderado pola Xefa de Departamento Paloma Pilar Hermida Tato, quen traballa en colaboración cos docentes Mª Dolores Rúa Calviño, Adrián García Suárez, Uxía López Mangana e Cristina Leis Montoiro durante o curso académico 2024/2025. Xuntos, forman un equipo comprometido co fomento da aprendizaxe de idiomas na nosa comunidade educativa.
As funcións máis destacadas desta área inclúen, entre outras:
- Elaborar un programa integral de promoción de idiomas estranxeiros que se adapte ás necesidades e habilidades dos nosos estudantes.
- Proporcionar apoio e recursos para mellorar a competencia lingüística tanto dos alumnos como do persoal docente que participa en programas internacionais.
- Fomentar o uso activo dos idiomas estranxeiros en diferentes contextos, tanto dentro coma fóra da aula, para promover unha comunicación efectiva e un entendemento intercultural.
A materia de lingua estranxeira profesional inglés, popularmente e a continuación abreviada como "inglés" impártese nos seguintes módulos dos seguintes ciclos de formación profesional:
Curso
|
Ciclo de Formación Profesional
|
Módulo
|
Profesor/a responsable
|
Ciclos Básicos de Formación Profesional
|
1º
|
Actividades de panadaría e pastelaría
|
Comunicación e Ciencias Sociais I – inglés
|
Uxía López Mangana
|
2º
|
Actividades de panadaría e pastelaría
|
Comunicación e Ciencias Sociais II – inglés
|
Uxía López Mangana
|
1º
|
Cociña e restauración
|
Comunicación e Ciencias Sociais I – inglés
|
Uxía López Mangana
|
2º
|
Cociña e restauración
|
Comunicación e Ciencias Sociais II – inglés
|
Uxía López Mangana
|
Ciclos Medios de Formación Profesional
|
1º
|
Servizos de restauración
|
Inglés
|
Adrián García Suárez
|
1º |
Panadaría, repostaría e confeitaría |
Inglés |
Adrián García Suárez |
1º |
Cociña e restauración |
Inglés |
Uxía López Mangana |
Ciclos Superiores de Formación Profesional
|
1º
|
Dirección de cociña (réxime ordinario)
|
Inglés
|
Mª Dolores Rúa Calviño
|
2º
|
Dirección de cociña (réxime nocturno)
|
Inglés
|
Cristina Leis Montoiro
|
2º
|
Dirección de cociña Dirección de servizos e restauración Xestión de aloxamentos turísticos
|
Lingua estranxeira profesional II – Inglés
|
Uxía López Mangana
|
1º
|
Dirección de servizos e restauración (réxime ordinario)
|
Inglés
|
Mª Dolores Rúa Calviño
|
1º
|
Xestión de aloxamentos turísticos (FP dual)
|
Inglés
|
Mª Dolores Rúa Calviño
|
1º
|
Xestión de aloxamentos turísticos (Programa Retorna Talento FP)
|
Inglés
|
Cristina Leis Montoiro
|
O departamento de idiomas tamén oferta cursos CUALE tanto nos niveis Francés A1 e A2 e Inglés B2. No tocante ao ensino de lingua inglesa, esta formación é impartida polo docente Adrián García Suárez, en horario fóra lectivo.