Dende o equipo de igualdade do centro levarase a cabo un obradoiro no cal conversaremos e participaremos en diferentes actividades que permita darnos conta do impacto negativo que supón a desigualdade de oportunidades e a persistencia de roles e estereotipos de xénero.
Trátase de desfrutar mentres participamos, reflexionamos, identificamos problemas e aprendemos ferramentas para combater e previr ese impacto negativo da falta de igualdade real entre homes e mulleres en todos os aspectos da nosa sociedade
Non o perdades