Skip to Content

      

Convocatoria Erasmus+ para alumnado e persoal de ciclos de grao básico e medio (proxecto 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242)

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de convocar un proxecto de mobilidades Erasmus+ con código 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242. Este proxecto está enfocado a alumnado e persoal de ciclos de grao básico e medio para realizar prácticas ou formación no estranxeiro.

Fases de presentación de solicitudes Prazos
Resolución da convocatoria 10 de novembro de 2023
Presentación de solicitudes Do 15 ao 22 de novembro de 2023
Entrevistas persoais ao alumnado e persoal interesado Do 27 ao 29 de novembro de 2023
Acta provisional de admitidos/excluídos 30 de novembro de 2023
Reclamacións Do 1 ao 3 de decembro de 2023
Acta definitiva de admitidos/excluídos 4 de decembro de 2023

Envío de documentación á Consellería:

  1. Solicitudes (Anexo II)
  2. Certificado de titularidade bancaria
  3. Folla de cálculo
  4. De ser o caso, compromiso de viaxe ecolóxica
Do 4 ao 9 de decembro

As solicitudes (anexo II) poderán ser recollidas e serán entregadas, unha vez cubertas, na secretaría do centro.

A continuación, achéganse unha serie de documentos anexos con información de interese sobre esta convocatoria.

No caso de dúbidas ou preguntas, contactar co coordinador a través do seguinte correo electrónico: programas.internacionais.cifp.vilamarin@edu.xunta.gal 

 

Xornada de xestión e promoción das mobilidades Erasmus no CIFP de Vilamarín de Adrián García

AdxuntoTamaño
Presentación informativa sobre a convocatoria de mobilidades Erasmus+ para alumnado e persoal de ciclos de grao básico e medio12.79 MB
Resolución oficial de mobilidades Erasmus+ para alumnado de ciclos de grao básico e medio3.62 MB
Resolución oficial de mobilidades Erasmus+ para persoal de ciclos de grao básico e medio e persoal con responsabilidades na xestión das ensinanzas de FP3.76 MB
Anexo II da solicitude para alumnado624.92 KB
Anexo II da solicitude para persoal435.58 KB


     

     

      

 

     

page | by Dr. Radut