Skip to Content

      

blogue deadmin

Departamento de Orientación

Horario Atención Dpto.

 

Benvidos/as ao Departamento de Orientación do IES Vilamarín

Son Mónica, psicóloga/orientadora do CIFP de Vilamarín.
A idea da orientación, como dereito e principio, non só refírese á necesidade de potenciar unha educación centrada na persoa, senón tamén a un proceso orientador ao longo do ciclo vital, que impregne todas as etapas educativas e non só (ou principalmente) a etapa obrigatoria.
 
Gustaríame destacar entre as miñas funcións:
- A coordinación co profesorado e, en especial, con titoría para realizar un seguimento máis personalizado do alumnado que o require debido ás súas circunstancias persoais, familiares ou educativas.
- A realización de sesións de formación directa cos grupos, podendo tratar diversos temas, por exemplo: a intelixencia emocional, o obxectivo desta formación é o de promocionar actitudes de vida saudables e formarlles en procesos de auto coñecemento e regulación emocional, aspectos relevantes para o desenvolvemento persoal, social e profesional do alumnado.
 
A ti alumno/a lembra que aquí estamos para axudarche en todo o que necesites!

 

Benvido/a ao CIFP de Vilamarín!

 

Aquí poderás consultar todo tipo de información relacionada co tema académico así como benestar e crecemento persoal. Unha aperta!

 

Becas 2024-25

https://sede.educacion.gob.es/

 

Interpretar las emociones de otros, una cuestión de confianza

Interpretar las emociones de los demás es algo fundamental para nuestro desempeño social. Esta interpretación depende en gran medida de nuestro modo dar sentido a la expresión facial de los demás.

https://lamenteesmaravillosa.com/interpretar-las-emociones-de-otros-una-cuestion-de-confianza/

 

 

17 dinámicas de resolución de conflictos para aplicar en grupos

 

En niños, jóvenes y adultos, las estrategias grupales de solución de problemas favorecen la generación de ideas nuevas y el pensamiento crítico. Acompáñanos a ver algunas de las más empleadas.

https://lamenteesmaravillosa.com/dinamicas-de-resolucion-de-conflictos-para-aplicar-en-grupos/

 

 

13 frases que no deberías usar en una entrevista de trabajo y cómo reemplazarlas

 

 

¿Has acudido a una reunión por oferta laboral, crees que lo hiciste genial, pero pasa el tiempo y sigues sin noticias del reclutador? Entonces, es probable que mencionaras algo que levantó banderas rojas. Por eso, es importante saber tanto qué decir y qué no en una entrevista de trabajo. 

https://lamenteesmaravillosa.com/que-no-decir-en-una-entrevista-de-trabajo/

 

 

La relación entre las emociones y los sentimientos

Emociones y sentimientos parecen ir siempre de la mano, pero ¿realmente es así? ¿Qué matices solemos dejar por fuera al pensar en ellos? Información aquí: https://lamenteesmaravillosa.com/relacion-emociones-y-sentimientos/

 

 

¿Qué es la empatía?

La empatía es la capacidad que tiene el ser humano para conectarse emocionalmente con los demás individuos, pudiendo percibir, reconocer, compartir y comprender el sufrimiento, la felicidad o las emociones del otro. Información aquí: https://concepto.de/empatia-2/

 

 

Ligazóns de interese:

Todo sobre FP Galicia         Interés en GRAOS? Universidades Galegas

Normativa autonómica/estatal relacionada coa FP

 

Departamento de Industrias Alimentarias

 

 

departamento de Industrias alimentarias do CIFP de Vilamarín, está representado pola Xefa de departamento, Rosa Celi Mouteira Salgado, e polos seguintes profesores: Manuel Cordido Río e David Rodríguez Cebey; todos eles docentes no Ciclo de Grao Medio en Panadaría, Repostaría e Confeitaría no curso 2023-2024.

 

O departamento de Industrias alimentarias desempeña un papel crucial na preparación dos estudantes para o sector da alimentación, e neste caso, Técnicos en Panadaría, repostaría e confeitaría. As súas funcións abranguen unha ampla gama de responsabilidades que aseguran unha educación integral e práctica. A continuación detállanse algunhas das funcións clave:

 

  • Deseño e actualización dos programas de estudo para que estean aliñados coas necesidades e tendencias do sector alimentario contribuíndo ao ensino de coñecementos teóricos e prácticos relacionados coa produción, transformación e xestión de alimentos.

 

  • Capacitación en técnicas de procesamento, control de calidade, hixiene e seguridade alimentaria.

 

  • Planificación e organización de actividades como a coordinación de clases teóricas e prácticas, visitas a empresas do sector, e seminarios.

 

  • Xestión de recursos como administración de laboratorios, obradoiros e outros espazos necesarios para a formación práctica (escaparate e punto de venda de produtos).

 

  • Vinculación coa industria e colaboración con empresas establecendo convenios para o desenvolvemento de prácticas profesionais, visitas técnicas e proxectos colaborativos de investigación e innovación alimentaria, así como o desenvolvemento de novos produtos e a mellora de procesos.

 

Estas funcións aseguran que o departamento de Industrias Alimentarias forme a profesionais capacitados e preparados para enfrontar os desafíos e aproveitar as oportunidades do sector alimentario.

 

O correcto funcionamento da actividade docente e a organización dos talleres esixe a colaboración conxunta entre os departamentos de Industrias alimentarias e o de Hostalaría e turismo, isto refléxase na oferta de sobremesas e produtos de panadaría e bolaría para os servizos de menú, carta, cafetería e almorzos. 

O departamento de Industrias Alimentarias imparte nos seguintes módulos dos ciclos de formación profesional:

 

 

Ciclos Medios de Formación Profesional

 

 

Curso

 

Ciclo de Formación Profesional

 

 

Módulo

 

Profesor/a responsable

 

 

 

Panadaría, repostaría e confeitaría

 

 

Elaboracións de panadaría e bolaría

 

Manuel Cordido

Río

 

 

 

Panadaría, repostaría e confeitaría

 

 

Procesos básicos de pastelaría e repostaría

 

Manuel Cordido

Río

 

 

Panadaría, repostaría e confeitaría

 

 

Elaboracións de confeitaría e outras especialidades

 

David Rodríguez Cebey

 

 

Panadaría, repostaría e confeitaría

 

 

Presentación e venda de produtos de panadaría e pastelaría

 

 

Rosa Celi Mouteira

Salgado

 

 

Panadaría, repostaría e confeitaría

 

 

Produtos de obradoiro

 

Rosa Celi Mouteira Salgado

 

 

Panadaría, repostaría e confeitaría

 

 

Sobremesas en restauración

 

David Rodríguez Cebey

 

 

A competencia xeral deste título consiste en elaborar e presentar produtos de panadaría, repostaría e confeitaría, conducindo as operacións de produción, composición e decoración, en obradoiros e establecementos de restauración, con aplicación da lexislación de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.

         

 

Departamento de Ciencias Naturais

 

 

O Departamento de Ciencias Naturais do Centro Educativo CIFP de Vilamarín está dirixido pola Xefa de Departamento, Iria de la Libertad Relova Cid, coa colaboración da substituta Lucía Vila Pombo durante o curso académico 2023/2024. Este equipo traballa con dedicación para ofrecer unha formación de calidade no ámbito das ciencias naturais á nosa comunidade educativa.

 

As funcións máis destacadas deste departamento inclúen:

 

  • Ensinar o ámbito de Ciencias Aplicadas I e II, que inclúe as seguintes materias: Matemáticas Aplicadas (1º) e Ciencias Aplicadas (2º).

 

 

Ciclos Básicos de Formación Profesional

 

 

Curso

 

Ciclo de Formación Profesional

 

Módulo

 

Profesor/a responsable

 

 

 

 

Actividades de panadaría e pastelaría

 

Ciencias aplicadas I

 

Iria de la Libertad Relova Cid

(subst. Lucía Vila Pombo)

 

 

 

Cociña e restauración

 

Ciencias aplicadas I

 

Iria de la Libertad Relova Cid (subst. Lucía Vila Pombo)

 

 

 

Actividades de panadaría e pastelaría

 

Ciencias aplicadas II

 

Iria de la Libertad Relova Cid (subst. Lucía Vila Pombo)

 

 

 

Cociña e restauración

 

Ciencias aplicadas II

 

Iria de la Libertad Relova Cid (subst. Lucía Vila Pombo)

 

 

 

Este módulo está deseñado para proporcionar aos estudantes unha sólida formación en ciencias naturais e matemáticas, preparándoos para afrontar os desafíos da formación profesional con competencias actualizadas e unha visión práctica e aplicada. O entorno de aprendizaxe adáptase ás necesidades dos estudantes, favorecendo a adquisición progresiva de competencias. Estimúlanse os procesos de construción de aprendizaxe significativo, promovendo o descubrimento, a investigación, o espírito emprendedor e a iniciativa persoal. Isto baséase en estratexias de resolución de problemas e en "aprender facendo" a través do traballo cooperativo, o aprendizaxe baseado en proxectos e a gamificación. Ademais, as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC’s) utilízanse de maneira habitual como ferramenta para a adquisición destas competencias.

         

 

Departamento de Agraria

 

 

O Departamento de Agraria do Centro Educativo CIFP de Vilamarín está dirixido polo Xefe de Departamento José Manuel García López durante o curso académico 2023/2024. Este departamento traballa con dedicación para ofrecer unha formación de calidade no ámbito agrario á nosa comunidade educativa.

 

Entre as principais funcións deste departamento destacan:

 

  • Desenvolver programas educativos innovadores no ámbito agrario, axustados ás demandas actuais do sector e ás necesidades dos nosos estudantes.
  • Ofrecer apoio técnico e académico aos alumnos e docentes, facilitando recursos e ferramentas que melloren a ensinanza e a aprendizaxe das prácticas agrarias.
  • Promover a sustentabilidade e o respecto polo medio ambiente, integrando estas prácticas na formación diaria e en proxectos específicos dentro e fóra da aula.

 

A materia da área de agraria impártese no seguinte módulo dos ciclos de formación profesional:

 

 

Ciclos Básicos de Formación Profesional

 

 

Curso

 

Ciclo de Formación Profesional

 

Módulo

 

Profesor/a responsable

 

 

 

 

Producción agroecolóxica 

 

Produción vexetal ecolóxica

 

José Manuel García López

 

 

 

Este módulo está deseñado para proporcionar aos estudantes unha sólida formación técnica e práctica, preparándoos para afrontar os desafíos do sector agrario con competencias actualizadas e unha visión integral do desenvolvemento sostible. Os estudantes aprenden a realizar actividades para obter produtos agropecuarios ecolóxicos, mellorar a biodiversidade e a estabilidade do medio, e a fertilidade do solo, cumprindo coa regulamentación ecolóxica, benestar animal e protección ambiental.

         

 

BECAS 2024/25

 

 

 De 19/03/2024 a las 09:00 ata 10/05/2024 a las 15:00

 

 

Becas 2024-25

https://sede.educacion.gob.es/

Francés

O departamento de francés do Centro Educativo CIFP de Vilamarín está liderado pola Xefa de Departamento, Paloma Hermida Tato, quen colabora estreitamente coa profesora Beatriz Nogueiras Ferreiro durante o curso académico 2023/2024. Xuntas, dirixen un equipo dedicado ao enriquecemento do aprendizaxe de idiomas na nosa comunidade educativa.

 

Entre as funcións clave do departamento atopamos:

 

1. Desenvolver un programa completo de promoción de idiomas estranxeiros adaptado ás necesidades e habilidades dos nosos estudantes.

 

2. Brindar apoio e recursos para mellorar a competencia lingüística tanto do alumnado como do persoal docente participante en programas internacionais.

 

3. Estimular o uso activo do francés en diversos contextos, tanto dentro coma fóra da aula, para fomentar unha comunicación efectiva e unha apreciación intercultural.

 

A ensinanza do francés intégrase nos seguintes módulos dos ciclos de formación profesional:

 

 

 

Curso

Ciclo de Formación Profesional

 

Módulo

Profesor/a responsable

 

 

Ciclos Superiores de Formación Profesional

 

 

 

 

Dirección de servizos de restauración

 

Segunda lingua estranxeira (Francés)

 

Paloma

Hermida Tato

 

 

 

Xestión de aloxamentos turísticos (modalidade dual)

 

 

Segunda lingua estranxeira (Francés)

 

Beatriz

Nogueiras Ferreiro

 

 

 

 

 

Back To School Instagram Post. Photo Collage With Handwriting Lettering. de Paloma Hermida

Publicación do baremo definitivo do alumnado de ciclos de grao superior - Erasmus+

Anéxase a acta definitiva de alumnado seleccionado para a realización das mobilidades no proxecto Erasmus+2022-1-ES01-KA131-HED-000064182 xunto coa súa correspondente baremación.

 

Ao longo desta semana, o alumnado será chamado para cumplimentar o Anexo V xunto co coordinador, co fin de proporcionar información máis detallada sobre as mobilidades a realizar.

 

Adrián García Suárez

Coordinador de programas internacionais

CIFP de Vilamarín

Adxudicación provisional de mobilidades de persoal docente de ciclos de grao básico e medio - Erasmus+

A continuación, anéxase a resolución provisional do profesorado que imparte docencia nos ciclos de grao básico e medio para a realización de mobilidades Erasmus+.

Publicación da acta provisional do alumnado de ciclos de grao superior - Erasmus+

Publícase a acta provisional de alumnado seleccionado para a realización das mobilidades no proxecto Erasmus+2022-1-ES01-KA131-HED-000064182 xunto coa súa correspondente baremación.

 

A partir do día da publiación da presente acta, contarase cun total de 3 días naturais para realizar posibles reclamacións. No caso de non poder realizalas presencialmente no centro, poderase enviar un correo a programas.internacionais.cifp.vilamarin@edu.xunta.gal.

 

A continuación, anéxase a acta provisional con información máis detallada.

 

Adrián García Suárez

Coordinador de programas internacionais

CIFP de Vilamarín

 

Publicación da acta definitiva para profesorado - Erasmus+

Publícase a acta definitiva de selección do persoal de ciclos de grao superior para as mobilidades Erasmus+.

Distribuir contido


     

     

      

 

     

by Dr. Radut