Este martes, no recreo, tivo lugar a entrega de trofeos aos equipos participantes no 1º Torneo de Fútbol Sala. A liguiña tivo lugar ao longo do 2º trimestre, durante os recreos. Noraboa a tódolos participantes!
Este curso os alumnos e alumans de segundo ciclo recibimos unha clase de esgrima, na que aprendemos que hai tres modalidades: florete, sable e espada.
Visitáronos dous monitores de esgrima que se chamaban Yann e Gabriel, que primeiro nos falaron deste deporte olímpico, e logo fixeron unha demostración ou "tirada" entre os dous.
Finalmente fomos nós os tiradores, ou sexa, os que nos enfrontamos cos floretes e as caretas postas.
Tivemos no colexio unhas xornadas de achegamento ao xadrez, nas que un experto, Luis Fernández, ensinou aos alumnos e alumnas de terceiro ciclo aspectos básicos deste xogo tan singular.
En pouco tempo sairán campións do colexio. A ver que ordenador se lles vai resistir logo!
Esta actividade está enmarcada po programa XOGADE, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Os demáis alumnos do colexio tamén fixeron as súas Turonias.
O mércores dia 8 saíron os do segundo ciclo, que rodearon o monte de Barro e volveron ao colexio polo Rexidouro, o xoves 9 o primeiro ciclo viaxou por Vilachán, para visitar a casa dos Pérez Bouzada, e o venres 10, os de quinto foron ata Vilameán, para ver funcionar os muiños do Porto; estes últimos andiveron un total de 12 quilómetros... E máis que lles botaran!
Os días 2 e 3 de xuño realizamos a edición de Turonia 2011 cos alumnos de 6º. Nesta ocasión compartimos a experiencia cos alumnos de Sobrada, Barrantes, e Tebra, colexio que se estreaba nesta experiencia.
Nesta ocasión atravesamos Tomiño dende Pinzás ata Goián, visitando sitios tan fermosos como o río Cereixo, os muíños do Porto, o val de Barrantes-Rexidouro, as terras de Vilachán,Estás e Figueiró, e naturalmente, o río Miño en Goián. Incluso tivemos mascota da aventura: Thor, o can de rescate da agrupación de Protección Civil, que disfrutou tanto como o que máis.
Foi unha experiencia inesquecible para os que o ano que ven estarán xa no instituto. Seguro que máis dunha vez comentarán os detalles da aventura.
Pero nós xa estamos pensando na próxima edición. Esta Turonia non remata nunca. Xa van 11 edicións, e temos corda para tempo.