Hoxe os nenos e nenas de 3º curso recibiron unha interesante charla sobre reciclaxe e coidado do medio ambiente. Esta actividade foi ofertada de maneira gratuíta pola empresa Urbaser e o concello de Tomiño.
Dende o 8 de xaneiro temos no noso Centro a maqueta da parroquia de Tomiño feita o ano pasado polos alumnos do IES de Tomiño. Todos os nenos e nenas aprendemos moito con ela.
Este xoves o Director do IES estivo no colexio explicándolles ao alumnado de terceiro como foi o proceso de elaboración.
A todos nos pareceu unha actividade impresionante!
O 2º e o 3º Ciclo fomos de visita a illa de San Simón. Primeiro collemos o tren en Guillarei para ir a Vigo, logo fomos andando dende a estación ata o porto para coller un barco que nos levou a illa de San Simón.
Este curso os alumnos e alumans de segundo ciclo recibimos unha clase de esgrima, na que aprendemos que hai tres modalidades: florete, sable e espada.
Visitáronos dous monitores de esgrima que se chamaban Yann e Gabriel, que primeiro nos falaron deste deporte olímpico, e logo fixeron unha demostración ou "tirada" entre os dous.
Finalmente fomos nós os tiradores, ou sexa, os que nos enfrontamos cos floretes e as caretas postas.
O día 19 de Dembro foi o gran día do festival do Nadal!Nós, os nenos e as nenas de 3º, estábamos moi contentos pero, tamén, algo nerviosos xa que levábamos moito tempo preparando o noso baile. Cando chegou o momento de actuar e vimos que estaban os nosos pais, nais, irmáns, avós, etc entrounos un pouquiño de medo, xa que queríamos que nos salise moi ben. E, así foi, todos o fixemos estupendamente!Esperamos que vos gustara!Ata a proxima!Unha aperta!
O día 10 de Decembro os de 3º fomos de excursión ao teatro Caixanova en Vigo. Estábamos moi contentos porque a obra que vimos " Os músicos de Bremen" a representáramos na clase hai uns días. E, incluso, nos deu tempo a merendar e xogar cos nosos compañeiros nun fermoso parque de Vigo.Pasámolo moi ben! Ata a próxima!Unha aperta!