Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o curso escolar 2020/2021
A Conselleria de Cultura e Ordenación Universitaria convocou O Fondo Solidario e Axudas para adquirir Libros de texto e Material escolar en Educación Primaria e Secundaria para o Curso 2020/21 (ORDE do 12 de maio de 2020). Esta Orde ten por obxecto regular o procedemento relativo á:
- Participación no fondo solidario de libros. Alumnado de 3º, 4º Primaria.
- Axudas para adquirir libros de texto. Alumnado de 1º e 2º Primaria
- Axudas para adquirir material escolar. Alumnado de 1º a 6º de Primaria
- Presentación de solicitudes. Do 20 de maio ata o 19 de xuño de 2020.
Enlace onde se pode cubrir as solicitudes:
https://www.edu.xunta.es/fondolibros
Documentación a presentar
- Anexo I e Anexo II.
- Fotocopia do DNI, do libro de familia e outra documentación complementaria de ser o caso. Importante en caso de separación ou divorcio hai que presentar a sentencia xudicial e/ou o convenio regulador da custodia.
- Os datos dos membros computables da unidade familiar e renda son a efectos do 31 de decembro de 2018 ( casillas 435 e 460).
Tramitación:
Segundo a normativa, e tendo en conta a realidade actual, será preferible a tramitación de forma telemática, para o que precisaredes contar cun certificado dixital no ordenador ou a Chave365.
Como alternativa, poderedes presentar no colexio a documentación indicada. Neste caso, respectando estas indicacións:
Horario: de luns a xoves, de 9:30 a 14:00 h, seguindo este calendario:
Días: 25 a 28 de maio
Alumnos: Os que pasan para 2º e para 3º
Días: 1 a 4 de xuño
Alumnos: Os que pasan para 4º e 5º
Días: 8 a 11 de xuño
Alumnos: Os que pasan para 6º, así como os novos alumnos que veñen doutros centros.
Días: 15 a 18 de xuño
Alumnos: os que veñen para 1º procedentes do CRA Mestre Manuel Garcés
Todos eles poderán vir nos días e no horario indicado. Se algunha familia non pode realizar este trámite neses días, deberá chamar ao colexio para acordar outro momento, dentro das posibilidades: 886110738 886110737.
Procedemento para os que acudan ao colexio a realizar esta xestión:
Deberán respectar en todo momento a normativa sanitaria establecida segundo os protocolos de seguridade:
- Virá unha soa persoa
- Traerá mascarilla
- Respectará en todo momento a distancia de seguridade no caso de ter que facer fila.
- Procurará tocar o mínimo de obxectos no centro.
- Traerá un bolígrafo para poder completar información no seu caso.
- Traerá a documentación cuberta, con todos os datos e asinada pola totalidade das persoas que teñan que asinar. (Se non ten medios para descargar e imprimir esa documentación, poderá recollela aquí)
- Manterase aberto o portal de vehículos para que accedades ao recinto en coche, aparcando no patio central ou no aparcadoiro de profesores.
Enlaces importantes: