O comedor do noso centro é de xestión directa. Este ano están concedidas prazas suficientes para atender a demanda de todo o alumnado, se o solicitara.
Está situado na pranta baixa e conta con tres espazos: un comedor máis pequeno con 8 mesas, outro grande no que hai 15 mesas e a cociña. Dispón de suficiente luz natural, con amplos ventanais, tendo os aseos ao carón do comedor.
O comedor escolar, ademais de contribuír á organización da vida familiar, débese considerar un servizo educativo que ofrece o Colexio. Debe proporcionar a consolidación duns hábitos de saúde e hixiene que os usuarios deste servizo desenvolven no seu ámbito familiar. Tamén debe permitir traballar outros valores como son a solidariedade, a cooperación e a tolerancia.
Este curso entramos no proxecto “Ecocomedores”, programas dependentes da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste-Eurural que teñen como fin adaptar os menús dos centros escolares a menús equilibrados e saudables para nenos e nenas que inclúan produto local, de tempada e ecolóxico; e tamén emprende accións formativas para o persoal. Podedes atopar máis información premendo AQUÍ e AQUÍ.
Empregaremos unha axenda de comedor na que trimestralmente os encargados de comedor transmitirán información ás familias sobre: normas, conducta e hábitos alimenticios e deberán vir asinadas polas familias.