CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Solicitudes usuarios servicio de comedor

Solicitude de praza no comedor

Está aberto o prazo para presentar solicitudes de comedor no colexio para o próximo curso escolar 2018/19. 

Sen non o fixestes aínda, lembrade que cada ano hai que solicitar de novo este servicio. Para iso hai que presentar impreso   na secretaría do centro.  No documento que vos adxuntamos xa veñen incluídas as instrucións. Lembrade que debe vir asinado polos dous proxenitores, no seu caso.

 

Persoal para colaborar no comedor.

Está aberto o prazo para solicitar ser colaborador/a no servizo de comedor escolar do centro.

E requisito imprescindible ser nai /pai /titor legal de alumnos do centro.

De entre as solicitudes recibidas seleccionaranse as que dende o Consello Escolar se consideren máis idóneas para esta colaboración.

Esta colaboración ten carácter altruísta, a título de colaboración social desinteresada, ainda que a Consellería aboará unha compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados, que será de 9,39 € cada día de asistencia.

Podedes recoller a solicitude na Secretaría ou descargándoa aquí.

Para presentala, podedes facelo ata o día 13 de xullo, ou tamén durante o mes de setembro (preferentemente nos primeiros días)

Horario de Secretaría:  10:00 a 13:00 h.